1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.29.01.01.//URP/Postal-02//0345
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
URP/Postal-02//0345
1.2. Título
La Coruña. Tipos Gallegos [Gaiteiro e tamborileiro]
La Coruña : Librería de Lino Pérez [s.d]
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 postal : Positivo en branco e negro ; 139 x 87 mm Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Sellier Loup, José, 1850-1922, Fotógrafo2.2 Historia Institucional/Biografía
Fotógrafo francés establecido na cidade da Coruña desde 1886, onde xa vivia seu irmán, Louis Sellier (1837-?) tamén fotógrafo. Ao chegar á cidade herculina comparte estudio co seu irmán no nº 37 da rúa Real; pouco tempo despois, Louis traspásalle o negocio por querer volver a Francia. En 1894 trasládase ao nº 9 da rúa Santo André. Foi pioneiro do cinema en Galicia; mercou aos irmáns Lumiere un cinematógrafo e o 23 de maio de 1897 organizou a primeira exhibición na cidade. Ese mesmo ano, acondiciona o seu estudio para a exhibición de filmes, tanto estranxeiros como outros feitos por el mesmo, que constitúen as primeiras películas realizadas en Galicia, como o Entierro de General Sánchez Bregua (20 xuño 1897). Nos seguintes anos foi levando o cinema as diferentes cidades galegas; Vigo (1898), Ferrol (1900) e Santiago de Compostela (1900) Pouco tempo despois, abandona a súa actividade cinematográfica para dedicarse exclusivamente á fotografía ata a súa morte.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Uxío de la Riva Pol
1988-2005
3.1. Alcance e contido
Retrato de estudio con pano de fondo dun home coa gaita e un rapaz co tamboril. Ambos van vestidos a xogo, coa roupa das actuacións. O gaiteiro leva monteira baixa cun gran pompón, chaqueta sobre camisa branca, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano con pompóns e zapatos. O tamborileiro leva monteira baixa, chaqueta sobre chaleco e camisa, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano e zapatos.
No reverso leva un cuño da casa comercial J. Colomer de Barcelona
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
La Coruña : Librería de Lino Pérez [s.d]
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz e Alexa García Pose no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña - Postais Indumentaria tradicional8.3. Datos adicionales: Editor si procede
La Coruña : Librería de Lino Pérez [s.d]
8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña - Postaisnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0001636 | URP/Postal-02//0345 | Uxío de la Riva Pol | Disponible |