Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.12 - Fotografías

Retrato de Luís Taboada
[S.n.]
1869-10-19
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 92 x 57 mm. sobre cartón de 104 x 62 mm. Papel.. Deteriorado.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Foi moi popular nos anos 1863-1865.
No anverso, do soporte secundario, mención de responsabilidade: R. Buch Vigo
No reverso, dedicatoria a lapis: Aquel que mi retrato / no admire ciego / o envidia mi belleza / o es un jumento / Es para Enrique / si alguno lo desea / que se lo quite / Vigo 19 Agto 1869 / Luis Taboada
No reverso, do soporte secundario, mención de responsabilidade: R. Buch / Vigo
En formato vertical, retrato masculino de busto e de perfil. O home mira ao horizonte, ten os cabelos engomados e ondulados.
FamAC/Foto-19//81
Mostrar nivel inferior