1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.07.
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
1.2. Título
Documentos alleos
1.4. Nivel de descrición
Sección
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
Papel.
2.2 Historia Institucional/Biografía
Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riva e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado por Simeón García, irmán da súa dona) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta de gran coleccionista, pois chegou a reunir unha heteroxénea colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos e antigüidades, amais dunha gran biblioteca e dun arquivo composto por documentos, fotografías, gravados e planos.
Finado en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1926, foi soterrado no camposanto da Confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Nesta sección atópanse documentos de distinta tipoloxía referida á Exposición Regional Gallega de 1909 (correspondencia, sobre a sede da mostra, de xestión, ou sobre as pezas), ademais de documentación familiar e correspondencia da que Ricardo non é nin produtor nin receptor, pero que pola algunha razón acabou no seu poder.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está previsto
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
3.4. Organización
Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.07.01 Documentos persoais. 01.07.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.01.02 Correspondencia. 01.07.01.03 Tarxetas de visita. 01.07.01.04 Invitacións a actos. 01.07.01.05 Fotografías. 01.07.01.06 Veladas literarias. 01.07.01.06 Creación artística e apuntamentos 01.07.02 Documentos patrimoniais. 01.07.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.02.01.01 Patrimonio 01.07.02.01.01.01 Escrituras. 01.07.02.01.01.02 Casa da Senra. 01.07.02.01.01.03 Recibos. 01.07.02.01.01.04 Expedientes de testamentaría. 01.07.02.01.02 Administración de bens. 01.07.02.01.02.01 Escrituras. 01.07.02.01.02.02 Pagos. 01.07.02.01.02.03 Asuntos comerciais. 01.07.02.01.02.04 Preitos. 01.07.02.01.03 Herdanzas, testamentos. 01.07.03 Documentos de función. 01.07.03.01 Alcaldía de Tui. 01.07.03.02 Avogacía.01.07.03.03 Sociedade Simeón García. 01.07.04 Documentos de función privada. 01.07.04.01 Confraría de San Roque. 01.07.04.01.01 Goberno. 01.07.04.01.02 Administración xeral. 01.07.04.01.03 Facenda. 01.07.04.01.04 Varia. 01.07.04.02 Confraría do Rosario. 01.07.04.02.01 Goberno. 01.07.04.02.02 Administración xeral. 01.07.04.02.03 Facenda. 01.07.04.02.04 Varia. 01.07.04.03 Confraría da Angustia. 01.07.04.03.01 Facenda. 01.07.04.03.02 Soltos. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.01 Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía. 01.07.05.01.01 Organización da Exposición. 01.07.05.01.02 Correspondencia do Comité. 01.07.05.01.03 Edificio San Clemente-Sección Arqueolóxica. 01.07.05.01.04 Documentacións sobre actividades complementarias. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.02 Documentación familiar. 01.07.05.02.01 Herminia García de la Riva Blanco. 01.07.05.02.01.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.01.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.02 María Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.03 Concha Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.04 Carmen Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.05 Tomás Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.06 Mercedes Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.07 Simeón Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.08 José Bargiela González. 01.07.05.02.09 Tomás Bargiela Núñez. 01.07.05.02.10 Candelaria Bargiela Núñez. 01.07.05.02.11 Juan Vidal Bilbao. 01.07.05.02.12 Juan Ortega Blanco. 01.07.05.02.13 Amando Castroviejo Nobajas. 01.07.05.02.13.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.13.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.05.02.13.01.02 Documentos identificativos. 01.07.05.02.13.01.03. Estudos e formación académica. 01.07.05.02.13.01.04. Vida social. 01.07.05.02.13.01.05. Correspondencia. 01.07.05.02.13.01.06 Fotografías. 01.07.05.02.13.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.13.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.05.02.13.02.02 Herdanzas e testamentos. 01.07.05.02.13.03 Documentos de función. 01.07.05.02.13.03.01 Actividade laboral. 01.07.05.02.13.03.02 Actividade intelectual. 01.07.05.02.13.04 Documentos alleos. 01.07.05.02.13.03.05 Miscelánea. 01.07.05.02.13.05.01 Notas. 01.07.05.02.13.05.02 Impresos e folletos. 01.07.05.02.14 Ana Núñez. 01.07.05.03 Correspondencia allea. 01.07.05.04 Apuntamentos, notas e traballos alleos. 01.07.06 Coleccións facticias. 01.07.06.01. Colección de documentos textuais. 01.07.06.01.01 Expedientes de compravenda. 01.07.06.01.02 Expedientes de administración de bens. 01.07.06.01.03 Foros. 01.07.06.01.04 Escrituras de poder. 01.07.06.01.05 Expedientes de arrendamentos. 01.07.06.01.06 Preitos. 01.07.06.01.07 Sentenzas. 01.07.06.01.08 Cartas de pago. 01.07.06.01.09 Dotes. 01.07.06.01.10 Testamentos e partillas. 01.07.06.01.11 Miscelánea. 01.07.06.02 Coleccionismo. 01.07.06.02.01 Arte. 01.07.06.02.02 Numismática. 01.07.06.03 Impresos e folletos. 01.07.06.04 Carlismo. 01.07.06.05 Postais, estampas e recordatorios.
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán. Portugués. Inglés. Francés
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición
Instrumentos de descriciónBase de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000232 | 01.07.05 | Ricardo Blanco-Cicerón 2018 | Disponible |