1 postal : Positivo en branco e negro ; 134 x 87 mm Papel. Bo.
0
Fotografía de pose enxebre dunha moza sentada nunhas escaleiras de pedra cunha man apoiada nunha sella de zinc. Leva a cabeza descuberta co pelo longo recollido en dúas trenzas; viste un dengue con rodo de veludo e agremán bordado sobre unha camisa branca; leva un refaixo cun rodo estreito, posiblemente de damasco, medias e zapatos. Sobre o peito varios colares de diferentes materiais.