Descargar
Nivel de descrición:

Serie

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.01.04.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Invitacións a actos

1.3. Datas

1896 / 1924

1.4. Nivel de descrición

Serie

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riva e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado por Simeón García, irmán da súa dona) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta de gran coleccionista, pois chegou a reunir unha heteroxénea colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos e antigüidades, amais dunha gran biblioteca e dun arquivo composto por documentos, fotografías, gravados e planos.
Finado en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1926, foi soterrado no camposanto da Confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval.

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron ao longo do ano 2012 no Museo do Pobo Galego traídos polo patrón Fernando Acuña Castroviejo, bisneto de Ricardo Blanco-Cicerón. Tralo pasamento de Fernando Acuña no 2016 ingresa outra parte do fondo, cesión de Rosina e Margarita Acuña Castroviejo.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa propia do profesor Acuña. O estado de conservación é bastante bo en xeral, aínda así por protocolo do museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Invitacións a actos públicos culturais, sociais, políticos e relixiosos, anos 1897-1924

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.07.01 Documentos persoais. 01.07.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.01.02 Correspondencia. 01.07.01.03 Tarxetas de visita. 01.07.01.04 Invitacións a actos. 01.07.01.05 Fotografías. 01.07.01.06 Veladas literarias. 01.07.01.06 Creación artística e apuntamentos 01.07.02 Documentos patrimoniais. 01.07.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.02.01.01 Patrimonio 01.07.02.01.01.01 Escrituras. 01.07.02.01.01.02 Casa da Senra. 01.07.02.01.01.03 Recibos. 01.07.02.01.01.04 Expedientes de testamentaría. 01.07.02.01.02 Administración de bens. 01.07.02.01.02.01 Escrituras. 01.07.02.01.02.02 Pagos. 01.07.02.01.02.03 Asuntos comerciais. 01.07.02.01.02.04 Preitos. 01.07.02.01.03 Herdanzas, testamentos. 01.07.03 Documentos de función. 01.07.03.01 Alcaldía de Tui. 01.07.03.02 Avogacía.01.07.03.03 Sociedade Simeón García. 01.07.04 Documentos de función privada. 01.07.04.01 Confraría de San Roque. 01.07.04.01.01 Goberno. 01.07.04.01.02 Administración xeral. 01.07.04.01.03 Facenda. 01.07.04.01.04 Varia. 01.07.04.02 Confraría do Rosario. 01.07.04.02.01 Goberno. 01.07.04.02.02 Administración xeral. 01.07.04.02.03 Facenda. 01.07.04.02.04 Varia. 01.07.04.03 Confraría da Angustia. 01.07.04.03.01 Facenda. 01.07.04.03.02 Soltos. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.01 Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía. 01.07.05.01.01 Organización da Exposición. 01.07.05.01.02 Correspondencia do Comité. 01.07.05.01.03 Edificio San Clemente-Sección Arqueolóxica. 01.07.05.01.04 Documentacións sobre actividades complementarias. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.02 Documentación familiar. 01.07.05.02.01 Herminia García de la Riva Blanco. 01.07.05.02.01.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.01.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.02 María Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.03 Concha Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.04 Carmen Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.05 Tomás Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.06 Mercedes Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.07 Simeón Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.08 José Bargiela González. 01.07.05.02.09 Tomás Bargiela Núñez. 01.07.05.02.10 Candelaria Bargiela Núñez. 01.07.05.02.11 Juan Vidal Bilbao. 01.07.05.02.12 Juan Ortega Blanco. 01.07.05.02.13 Amando Castroviejo Nobajas. 01.07.05.02.13.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.13.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.05.02.13.01.02 Documentos identificativos. 01.07.05.02.13.01.03. Estudos e formación académica. 01.07.05.02.13.01.04. Vida social. 01.07.05.02.13.01.05. Correspondencia. 01.07.05.02.13.01.06 Fotografías. 01.07.05.02.13.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.13.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.05.02.13.02.02 Herdanzas e testamentos. 01.07.05.02.13.03 Documentos de función. 01.07.05.02.13.03.01 Actividade laboral. 01.07.05.02.13.03.02 Actividade intelectual. 01.07.05.02.13.04 Documentos alleos. 01.07.05.02.13.03.05 Miscelánea. 01.07.05.02.13.05.01 Notas. 01.07.05.02.13.05.02 Impresos e folletos. 01.07.05.02.14 Ana Núñez. 01.07.05.03 Correspondencia allea. 01.07.05.04 Apuntamentos, notas e traballos alleos. 01.07.06 Coleccións facticias. 01.07.06.01. Colección de documentos textuais. 01.07.06.01.01 Expedientes de compravenda. 01.07.06.01.02 Expedientes de administración de bens. 01.07.06.01.03 Foros. 01.07.06.01.04 Escrituras de poder. 01.07.06.01.05 Expedientes de arrendamentos. 01.07.06.01.06 Preitos. 01.07.06.01.07 Sentenzas. 01.07.06.01.08 Cartas de pago. 01.07.06.01.09 Dotes. 01.07.06.01.10 Testamentos e partillas. 01.07.06.01.11 Miscelánea. 01.07.06.02 Coleccionismo. 01.07.06.02.01 Arte. 01.07.06.02.02 Numismática. 01.07.06.03 Impresos e folletos. 01.07.06.04 Carlismo. 01.07.06.05 Postais, estampas e recordatorios.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1880 (1) 1898 (1) 1899 (1) 1900 (3) 1901 (1) 1902 (3) 1903 (1) 1904 (1) 1905 (1) 1907 (1) 1908 (2) 1909 (4) 1910 (4) 1911 (3) 1912 (2) 1914 (4) 1915 (2) 1916 (1) 1917 (1) 1919 (1) 1920 (1) 1921 (2) 1922 (2) 1924 (1) 1925 (1) 1926 (1)
RBC/Caixa141-03//01 Invitación da V. O. T. a Ricardo Blanco-Cicerón para participar na procesión da Orde

RBC/Caixa141-03//02 Invitación a Ricardo Blanco-Cicerón para participar na procesión da Virxe da Soidade

RBC/Caixa141-03//03 Menú dun evento ao que estaba convidado Ricardo Blanco-Cicerón

RBC/Caixa141-03//04 Invitación a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir a un banquete na honra de Felipe Romero Donallo

RBC/Caixa141-03//05 Invitación do Concello de Tui a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á homenaxe a Frei Rosendo Salvado

RBC/Caixa141-03//06 Invitación do Círculo Católico de Obreros de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir a un funeral polo Papa León XIII

RBC/Caixa141-03//07 Programa das festas da Asociación Hijas de María para Ricardo Blanco-Cicerón co gallo do Jubileo de la Inmaculada en 1904

RBC/Caixa141-03//08 Invitación do Concello de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á ofrenda do Apóstolo

RBC/Caixa141-03//09 Invitación do Presidente da Cocina Económica de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para que faga a vixilancia e inspección

RBC/Caixa141-03//10 Menú dun banquete na honra de José Rodríguez Carracido

RBC/Caixa141-03//11 Invitación do Reitor do Seminario Conciliar Central de Santiago para asistir a unha velada científico artística

RBC/Caixa141-03//12 Invitación da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir a unha iluminación

RBC/Caixa141-03//13 Billete personal e intransferible da Liga de Amigos de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir a un certame poético

RBC/Caixa141-03//14 Invitación do Concello de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á unha homenaxe a Antonia Saavedra Goitia

RBC/Caixa141-03//15 Invitación do Ateneo León XIII a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir a unha velada homenaxe a Antonio López Ferreiro

RBC/Caixa141-03//16 Billete de invitación do Ateneo León XIII a Ricardo Blanco-Cicerón para a velada homenaxe a Antonio López Ferreiro

RBC/Caixa141-03//17 Billete de invitación de Ricardo Blanco-Cicerón para a Congregación de La Anunciada e S. Luis Gonzaga de Santiago

RBC/Caixa141-03//18 Invitación para Ricardo Blanco-Cicerón dos padriños de consagración do Bispo preconizado de Tui para asistir á súa consagración

RBC/Caixa141-03//19 Invitación do Concello de Tui a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á homenaxe a Augusto González Besada

RBC/Caixa141-03//20 Invitación do Reitor do Seminario Conciliar Central de Santiago para asistir a unha velada científico artística

RBC/Caixa141-03//21 Billete de invitación do Círculo Mercantil de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para un baile de máscaras

RBC/Caixa141-03//22 Folla de intencións de Ricardo Blanco-Cicerón para ser agregado na vixilia da Sección Adoradora Nocturna de Santiago

RBC/Caixa141-03//23 Invitación do Reitor do Seminario Conciliar Central de Santiago para asistir a unha velada conmemorativa do Cardeal

RBC/Caixa141-03//24 Invitación do Colegio de Ntra. Sra. de los Remedios a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir a unha velada

RBC/Caixa141-03//25 Circular do Liceo Artístico y Literario de Santiago para asistir a unha función

RBC/Caixa141-03//26 A Comisión da Sociedade Económica convida a Ricardo Blanco-Cicerón a un `lunch`

RBC/Caixa141-03//27 Programa da velada organizada pola Congregación de La Anunciada e San Luis Gonzaga na honra de Santiago

RBC/Caixa141-03//28 Programa da velada científico artística no Seminario Conciliar Central de Santiago o día 7 de marzo de 1911

RBC/Caixa141-03//29 Programa-invitación da velada científico artística no Seminario Conciliar Central de Santiago o día 19 de abril de 1924

RBC/Caixa141-03//30 Programa-invitación da velada científico artística no Seminario Conciliar Central de Santiago o día 11 de abril de 1926

RBC/Caixa141-03//31 Programa da velada científico artística no Seminario Conciliar Central de Santiago o día 13 de xaneiro de 1907

RBC/Caixa141-03//32 Escuelas Dominicales : Programa, febrero, 23 1914

RBC/Caixa141-03//33 Programa-invitación da velada literario musical no Seminario Conciliar de Tui o día 19 de novembro de 1914

RBC/Caixa141-03//34 Invitación para unha velada poética-musical no Colexio da Compañía de María de Santiago

RBC/Caixa141-03//35 Programa dunha velada organizada pola Congregación de San Luis Gonzaga no ano 1917

RBC/Caixa141-03//36 Programa-invitación da velada no Seminario para conmemorar o aniversario do nomeamento de ... como cardeal

RBC/Caixa141-03//37 Carreras de obstáculos : Billete asiento

RBC/Caixa141-03//38 Tiro nacional : Tercer concurso nacio[nal] : Tuy, 1901

RBC/Caixa141-03//39 Peregrinación del Obispado de Tuy al Apóstol Santiago en 14 de julio de 1915

RBC/Caixa141-03//40 Invitación do Concello de Tui a unha consagración na Catedral

RBC/Caixa141-03//41 Invitación para asistir á procesión do Cristo da Paciencia de Conxo

RBC/Caixa141-03//42 Invitación ás festas da Virxe de Montserrat, Santiago de Compostela

RBC/Caixa141-03//43 Invitación á procesión da Virxe da Peregrina en Santiago

RBC/Caixa141-03//44 Invitación para Ricardo Blanco-Cicerón ao xubileo compostelán por Jesús Rey Alvite

RBC/Caixa141-03//45 Invitación á procesión da Virxe das Dores en Santiago

RBC/Caixa141-03//46 Invitación á procesión da Virxe da Soidade en Santiago

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000020501.07.01.04Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible