Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES

Ricardo Blanco-Cicerón
1129 / 1965
40 unidade(s) de instalación. Papel e pergameo. Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías, gravados, planos ou carteis. O estado de conservación é bo en xeral..
Pode haber novas achegas
A amplitude e variedade do fondo documental de Ricardo Blanco-Cicerón aproxímanos aos seus intereses particulares, á súa actividade profesional, amais da vida social e cultural na que se desenvolve.
Consérvanse documentos persoais, tanto textuais como gráficos, que van dende títulos e premios, á fotografías, anotacións ou escritos produto da súa actividade intelectual e social que se reflicten na correspondencia mantida con diversos persoeiros da época.
A xestión do seu patrimonio queda rexistrada en numerosos documentos de compravenda, facturas, apuntamentos ou testamentos.
Non faltan tampouco, oficios, expedientes ou actas que nos falan do seu paso pola alcaldía de Tui ou fan referencia ao exercicio da avogacía na Sociedad Simeón García.
Respecto á función privada, como home de fondas crenzas relixiosas que foi, pertenceu e tivo cargos importantes en varias confrarías de Santiago, das que gardou moitos documentos de xestión das mesmas (actas, constitucións, estatutos, libros de contas, relacións de confrades, correspondencia...
Da súa participación activa na vida cultural e social, compre destacar o papel relevante que tivo na Exposición Regional Gallega de 1909, tal como o amosa a cantidade de material impreso, manuscrito ou fotográfico pertencente á mesma (correspondencia dos comisionados, inventarios, informes... Son tamén importantes as invitacións a participar en conferencias, veladas, exposicións e a formar parte das entidades socioeconómicas e culturais máis importantes do momento.
Finalmente, o súa afección como coleccionista levouno a ter unha das mellores coleccións de Galicia, no que a documentos se refire, que vai desde o século XIII ao XX, de moi variada temática e tipoloxía (pergameos, escrituras de compravenda, testamentos, foros, sentenzas, preitos, recortes de prensa, gravados, impresos e folletos...)
O estudo destes documentos contribuirá a debuxar e coñecer mellor a realidade galega de finais do S. XIX e primeiros anos do XX así como a vida nas cidades de Santiago e Tui principalmente, achegando material dabondo para facilitar o estudo da nosa historia.
Castelán. Galego. Francés. Inglés. Portugués. Latín. Árabe
Pode haber novas achegas







01.07
Mostrar nivel inferior

1844 (1) 1846 (2) 1870 (2)

01.07.01 - Documentos persoais -

01.07.02 - Documentos patrimoniais -

01.07.03 - Documentos de función -

01.07.04 - Documentos de función privada -

01.07.05 - Documentos alleos -

01.07.06 - Coleccións facticias -