Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

01 ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES



Niveles inferiores:
01.01.01 Documentos persoais

01.01.02 Documentos patrimoniais

01.01.03 Documentos de función

01.01.04 Documentación gráfica

01.01.05 Documentación allea

01.01.06 Obxectos personais

01.01.07 Miscelánea

040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e01.01
091 $cTEXT
092 $aFO_fondo
100 $aLorenzo Fernández, Xaquín $d1907-1989
245 $aXaquín Lorenzo Fernández
300 $a61 u. i. $hPapel
351 $cFondo
506 $aConsulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.
520 $aOs fondos personais de Xaquín Lorenzo permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos identificativos persoais, cartillas médicas, facturas, fotografías, apuntes, artigos, documentación de homenaxes e premios, diplomas, correspondencia persoal, documentación patrimonial, documentación produto da súa actividade intelectual e cultural,tanto manuscrita como impresa. O arquivo inclúe tamén os de Xosé Lorenzo Álvarez, pai, o de Xurxo Lorenzo, irmán, e documentación de Xan da Cova.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $aDocumentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
541 $aXaquín Lorenzo Fernández $cLegado $d1990
545 $aXaquín Lorenzo Fernández, Xocas, (Ourense, 1907-1989), foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, tal é que é considerado o mestre da etnografía galega, e foi o principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. Nas primeiras etapas da súa vida, durante a estancia na casa da avoa materna en Facós, Lobeira, entrou en contacto coa cultura rural e comprendeu a necesidade do seu estudo e promoción. No Bacheralato foi alumno de Ramón Otero Pedrayo e aos poucos xa entrou a colaborar co Grupo Nós da súa man e de Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e, con só 18 anos (1926), ingresou como membro activo no Seminario de Estudos Galegos. Desde ese momento, e ata a súa disolución trala Guerra Civil, colaborou intensamente coas seccións de Etnografía e Folclore do Seminario e participa nas campañas que este organizaba, ademais doutros traballos de investigación propios. En 1932 foi nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo; e en 1934, conselleiro permanente do Seminario. Mentras estudaba Fiosofía e Letras traballaba para o Seminario de Estudos Galegos, pero pidiou o traslado a Zaragoza en 1934 polos seus enfrontamentos cos profesores dada a súa participación no movemento galeguista co que simpatizaban desde moito antes: sendo membro da Irmandade Galeguista de Ourense subscribiu o manifesto fundacional do Partido Nazonalista Repubricán e, posteriormente, ingresou no Partido Galeguista. Xaquín remata a carreira en Zaragoza. Participou na Irmandade Galeguista de Ourense, no Partido Nazonalista Repubricán e no Partido Galeguista do ‘36, e no nacemento do frustrado Estatuto de Autonomía. Trala Guerra Civil, foi nomeado profesor de Xeografía e Historia mais os seus antecedentes políticos terminaron pasándolle factura e en 1942 pasou a exercer no colexio privado Cardenal Cisneros, da mesma cidade, e do que chegou a ser copropietario e director ata a súa xubilación (1981). Durante os anos 1940 a 1950 dedicouse principalmente a realizar e dirixir numerosos estudos sobre etnografía material e cultural galega. Compaxinou estes estudos etnográficos con outros traballos sobre arte, historiografía e arqueoloxía, co estudo e catalogación de diferentes castros. Este labor desenvolveuno dentro do seu traballo co grupo Nós, coa Comisión de Monumentos de Ourense e co Grupo Marcelo Macías, e transcribiuno en diferentes artigos que foi publicando en revistas como Nós, no Arquivo do Seminario de Estudos Galegos, no Caderno de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, no Boletín Auriense etc. Colaborou tamén en diferentes ocasións en publicacións equivalentes de España, Portugal e Alemaña. A partir de 1942 colaborou co Museo Arqueolóxico de Ourense e coa Comisión de Monumentos. Foi académico da Real Academia da Historia, membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnografia, da Associação dos Arqueólogos Portugueses, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Patronato do Museo del Pueblo Español, de Madrid. En 1951 foi nomeado membro da Real Academia Galega a proposta dos seus eternos compañeiros Cuevillas, Risco e Otero Pedrayo. En 1976 comeza a creación do Museo do Pobo Galego, coa súa designación como director e presidente do padroado do museo. Xaquín Lorenzo doará aos fondos do museo, inaugurado en 1977, a súa biblioteca e a súa ampla colección de maquetas que fixera el mesmo ó longo da súa vida, do carro, de trebellos agrícolas e de casas tradicionais de diferentes tipoloxías. En 1978 participou máis ou menos activamente no renacemento do Partido Galeguista de Avelino Pousa Antelo, se ben rematou identificándose máis co colectivo apartidista Realidade Galega e expresou o seu apoio público ó voto afirmativo no referendo do Estatuto de Autonomía, xunto a outros intelectuais galegos. Ó longo da súa vida recibiu numerosas distincións, medallas e nomeamentos, como a Encomenda de Alfonso X o Sabio (Ministerio de Educación, 1961), o Premio Otero Pedrayo (concedido polas deputacións galegas, en 1982), conselleiro do novo Seminario de Estudos Galegos, presidente de honra do Padroado do Pedrón de Ouro (1983), fillo predilecto da provincia de Ourense (1983), premio Trasalba (1983) ou a primeira Medalla Castelao (Xunta de Galicia, 1984). Cómpre destacar a súa presidencia do Padroado do Museo do Pobo Galego, e tivo o seu Día das Letras Galegas en 2004. O MPG alberga tamén a súa biblioteca persoal.
546 $aGalego. Castelán
561 $aLegado de Xaquín Lorenzo
852 $aEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
000004101.01Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible para préstamo