Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

01 ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES



Niveles inferiores:
01.03.01 Documentos persoais

01.03.02 Documentos patrimoniais

01.03.03 Documentos de función

01.03.04 Miscelánea

040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e01.03
091 $cTEXT
092 $aFO_fondo
100 $aFraguas Fraguas, Antonio $d1905-1999
245 $aAntonio Fraguas Fraguas
300 $a75 u.i. $hPapel
351 $cFondo
506 $a#HEREDA#
520 $aOs fondos personais de Antonio Fraguas Fraguas permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos identificativos, cartillas médicas, facturas, fotografías, apuntes, artigos, documentación de homenaxes e premios, diplomas, correspondencia persoal, documentación patrimonial, xustificantes de gastos, documentos da súa actividade docente e produto da súa actividade intelectual e cultural, tanto manuscrita como impresa.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $aAntonio Fraguas Fraguas $cDoazón $d1999
545 $aAntonio Fraguas Fraguas, (Cerdedo-Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999), destacado historiador e antropólogo galeguista. Estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Antón Losada Diéguez, e licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago de Compostela en 1928. Fundou a Sociedade da Lingua (1923) co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que nunca saíu á luz. En Santiago ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas seccións de Xeografía e de Etnografía e Folclore. Dentro do Seminario iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras de Cerdedo-Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da Guerra Civil. En xullo de 1936 apareceu La Voz de Cotobade baixo a súa dirección. Tralo alzamento Nacional sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo, e traballou no ensino privado até recuperar a cátedra do instituto (1950) e poder doutorarse pola Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca. Posteriormente foi profesor en Lugo e Santiago, ata a súa xubilación en 1975. Foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos. Nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, `Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán` (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Ramón Otero Pedrayo. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente. En 1994 donoulle ao Museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20.000 volumes. Outros cargos que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, a Real Academia da Historia, a Asociación de Arqueólogos de Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnoloxía. Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973; concedéronlle o Pedrón de Ouro en 1984 e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia; Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela. En 1996 obtivo o Premio San Martiño de nomalización lingüística do Concello da Estrada. O MPG alberga tamén a súa biblioteca persoal.
561 $aDoazón persoal de Antonio Fraguas Fraguas
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
000004301.03Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible para préstamo