Descargar
Nivel de descrición:

Fondo

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.03.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Antonio Fraguas Fraguas

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

75 u.i. Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Fraguas Fraguas, Antonio, 1905-1999

2.2 Historia Institucional/Biografía

Antonio Fraguas Fraguas, (Cerdedo-Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999), destacado historiador e antropólogo galeguista.
Estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Antón Losada Diéguez, e licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago de Compostela en 1928.
Fundou a Sociedade da Lingua (1923) co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que nunca saíu á luz. En Santiago ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas seccións de Xeografía e de Etnografía e Folclore. Dentro do Seminario iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras de Cerdedo-Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido.
Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da Guerra Civil. En xullo de 1936 apareceu La Voz de Cotobade baixo a súa dirección. Tralo alzamento Nacional sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo, e traballou no ensino privado até recuperar a cátedra do instituto (1950) e poder doutorarse pola Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca. Posteriormente foi profesor en Lugo e Santiago, ata a súa xubilación en 1975.
Foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre... Ver máis

2.3. Historia Archivística

Doazón persoal de Antonio Fraguas Fraguas

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Antonio Fraguas Fraguas
1999

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Os fondos personais de Antonio Fraguas Fraguas permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos identificativos, cartillas médicas, facturas, fotografías, apuntes, artigos, documentación de homenaxes e premios, diplomas, correspondencia persoal, documentación patrimonial, xustificantes de gastos, documentos da súa actividade docente e produto da súa actividade intelectual e cultural, tanto manuscrita como impresa.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items ..
01.03.01 Documentos persoais

01.03.02 Documentos patrimoniais

01.03.03 Documentos de función

01.03.04 Miscelánea

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000004301.03Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible