oaistore
 
Nivel de descrición:

Fondo

URL OAI

Niveis superiores:

    01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES

1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES. GA.15703.AMPG./01.07.

Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

1.2. Título

Ricardo Blanco-Cicerón

1.3. Datas

1129/ 1928

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

40 unidade(s) de instalación
Descrición do estado de conservación
Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos iconográficos, como é o caso de fotografías, gravados, planos ou carteis

Material
Papel e pergameo

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Blanco-Cicerón, Ricardo, 1844-1926

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riba e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado polo seu cuñado, Simeón García) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta de gran coleccionista, pois chegou a reunir unha heteroxénea colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos e antigüidades, amais dunha gran biblioteca e dun arquivo composto por documentos, fotografías, gravados e planos.
Finado en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1926, foi soterrado no camposanto da Confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval.

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron ao longo do ano 2012 no Museo do Pobo Galego traídos polo patrón Fernando Acuña Castroviejo, bisneto de Ricardo Blanco-Cicerón. Tralo pasamento de Fernando Acuña no 2016 ingresa outra parte do fondo, cesión de Rosina e Margarita Acuña Castroviejo.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa propia do profesor Acuña. O estado de conservación é bastante bo en xeral, aínda así por protocolo do museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón

Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo

Data do ingreso
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

A amplitude e variedade do fondo documental de Ricardo Blanco-Cicerón aproxímanos aos seus intereses particulares, á súa actividade profesional, amais da vida social e cultural na que se desenvolve.
Consérvanse documentos persoais, tanto textuais como gráficos, que van dende títulos e premios, á fotografías, anotacións ou escritos produto da súa actividade intelectual e social que se reflicten na correspondencia mantida con diversos persoeiros da época.
A xestión do seu patrimonio queda rexistrada en numerosos documentos de compravenda, facturas, apuntamentos ou testamentos.
Non faltan tampouco, oficios, expedientes ou actas que nos falan do seu paso pola alcaldía de Tui ou fan referencia ao exercicio da avogacía na Sociedad Simeón García.
Respecto á función privada, como home de fondas crenzas relixiosas que foi, pertenceu e tivo cargos importantes en varias confrarías de Santiago, das que gardou moitos documentos de xestión das mesmas (actas, constitucións, estatutos, libros de contas, relacións de confrades, correspondencia...
Da súa participación activa na vida cultural e social, compre destacar o papel relevante que tivo na Exposición Regional Gallega de 1909, tal como o amosa a cantidade de material impreso, manuscrito ou fotográfico pertencente á mesma (correspondencia dos comisionados, inventarios, informes... Son tamén importantes as invitacións a participar en conferencias, veladas, exposicións e a formar parte das entidades socioeconómicas e culturais... Ver máis

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.07.01 Documentos persoais. 01.07.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.01.02 Correspondencia. 01.07.01.03 Veladas literarias. 01.07.01.04 Invitacións a actos culturais. 01.07.01.05 Fotografías. 01.07.01.06 Cadernos de notas. 01.07.02 Documentos patrimoniais. 01.07.03 Documentos de función. 01.07.03.01 Alcaldía de Tui. 01.07.03.02 Avogacía.01.07.03.03 Sociedade Simeón García. 01.07.04 Documentos de función privada. 01.07.04.01 Confraría de San Roque. 01.07.04.01.01 Goberno. 01.07.04.01.02 Administración xeral. 01.07.04.01.03 Facenda. 01.07.04.01.04 Varia. 01.07.04.02 Confraría do Rosario. 01.07.04.02.01 Goberno. 01.07.04.02.02 Administración xeral. 01.07.04.02.03 Facenda. 01.07.04.02.04 Varia. 01.07.04.03 Confraría da Angustia. 01.07.04.03.01 Facenda. 01.07.04.03.02 Soltos. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.01 Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía. 01.07.05.01.01 Organización da Exposición. 01.07.05.01.02 Correspondencia do Comité. 01.07.05.01.03 Edificio San Clemente-Sección Arqueolóxica. 01.07.05.01.04 Documentacións sobre actividades complementarias. 01.07.05.02 Documentación familiar. 01.07.05.03 Correspondencia allea. 01.07.06 Coleccións facticias. 01.07.06.01.01 Expedientes de compravenda. 01.07.06.01.02 Expedientes de administración de bens. 01.07.06.01.03 Foros. 01.07.06.01.04 Escrituras de poder. 01.07.06.01.05 Expedientes de arrendamentos. 01.07.06.01.06 Preitos. 01.07.06.01.07 Sentenzas. 01.07.06.01.08 Cartas de pago. 01.07.06.01.09 Dotes. 01.07.06.01.10 Testamentos e partillas. 01.07.06.01.11 Miscelánea. 01.07.06.02 Impresos e folletos. 01.07.06.03 Carteis. 01.07.06.04 Recortes de prensa. 01.07.06.05 Miscelánea.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Descrición das condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Lingua
Castelán. Galego. Francés. Inglés. Portugués. Latín. Árabe

4.4. Características físicas

Material
Papel e pergameo

Descrición do estado de conservación
Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos iconográficos, como é o caso de fotografías, gravados, planos ou carteis

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.

6. Área de notas

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items ..
nº ControlSignaturaArquivoPrestar
000004701.07ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGODisponible