Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.03 - Documentos de función
01.07.03.02 - Avogacía

Alegato de Ramón Tojo y Roel a favor de Francisco Bentín e Domingo Pintos acusados de falsedade documental
1870, ca
90 folla(s) ; 22 x 16 cm. Papel. Bo.
Cosido
Alegato de Ramón Tojo no nome de Francisco Bentín e Domingo Pintos no caso da denuncia por falsedade dunha acta interposta por Ángel Aldrey e o seu procurador Domingo Sánchez. Fala dunhas denuncias calumniosas e duns delitos `fantásticos` e descalifica ás testemuñas chamándolle a unha, por exemplo `perdido que acabó en trapisondas, (...) almuerza con aguardiente`. Busca amosar que existen incoherencias, olvidos estraños e a existencia dunha trama e confabulación contra os seus defendidos, e pide a instrución dunha causa contra as testemuñas Ozal e Souto. Nomea tachas doutras testemuñas e solicita volver a interrogar por separado a outras, asemade pide se lle mande exhorto ao secretario e ao alcalde para que mostren o patrón vecindario desde 1860 para ver o reparto de contribucións.
Castelán. Humanística
RBC/Caixa150-08//01
Mostrar nivel inferior