Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.01 - Coleccións de documentos textuais
01.07.06.01.11 - Miscelánea

Fuero Juzgo
1200-1250 (aproximada) 1200-1250 (aproximada)
4 folla(s) ; 48 x 32 cm. Deteriorado e restaurado.
Pergameo.
Texto a dúas columnas, cor ocre no texto e as letras capitulares con ornamentación vexetal en verde, vermello e azul. Nas marxes emprégase o `signum manuum`, pequenas mans rematadas nun punteiro como chamadas de atención sobre detalles do texto.
O `Fuero Juzgo` é a adaptación e unificación levada a cabo no século XIII por mandato do rei Fernando III, das leis visigodas contidas no `Liber Iudicorum`, compilado á súa vez no século VII, e froito das distintas disposicións legais polos monarcas visigodos. A partir do século XIII comezan a se alternar as copias en latín do Código coas copias nas linguas romances da peníncula. Este documento é coñecido como o `Fuero Juzgo de López Ferreiro` por ser este autor o primeiro que o estudou e publicou. Segundo López Ferreiro, o fragmento é anterior ás primeiras traducións ao castelán feitas no século XIII, co cal se deduce que son do século XII, e o seu interese está nas anotacións polo seu valor linguïstico cara a orixe e desenvolvemento da lingua galega
Fragmento do `Fuero Juzgo` que só inclúe o Título VII `De los Furtos e de los Enganos`
Latín Gótica
RBC/P5-03//03
Mostrar nivel inferior