Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.01 - Coleccións de documentos textuais
01.07.06.01.11 - Miscelánea
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.06.01.11.//RBC/Caixa152-68


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa152-68

1.2. Título

Officium defunctorum

1.3. Datas

1750-1850

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 folla(s) ; 10 x 7 cm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Parte do arquivo de Ricardo Blanco-Cicerón chegou ao Museo do Pobo Galego a través dunha doazón de Fernando Acuña Castroviejo, bisneto de aquel, no ano 2012. Anos máis tarde, no 2016, outra doazón, esta vez de Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, irmás de D. Fernando, pasa a completar o fondo.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

A primeira páxina son notas manuscritas relacionadas cun Breviario Romano según o ordeado polo Concilio de Trento para a pronunciación do Oficio de Defuntos. O reverso fai referencia ao Salmo 114, titulado `Placebo Domino in regione vivorum`, que se comeza desde a Antífona e que era un dos Salmos que dende época medieval se pronunciaba neste Oficio.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Humanística no anverso. Gótica no reverso

Latín.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego elaborada por Iago Martínez Penabad

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

Transcrición do verso:
Officium Defenctorum
Dicitur extra tempus paschale prima die cuiusque mensis die non impedita festo novem lectionem alioquin alia sequenti die similiter non impedita. In choro dicitur post officium diei, id est, vesperas post vesperas, et Matutinum post Laudes diei: Extra Chorum vero pro opportunitate temporis.
Transcrición do reverso:
Placebo Domino
Dilexi quoniam exaudiet Dominus vocem orationis meae
Quia inclinavit aurem suam mihi et in diebus meis invocabo
Circundederunt me dolores mortis et pericula inferni invenerunt me
Tradución do verso:
Depois do tempo de Pascua dise o primeiro día de cada mes que non estea impedido por festivo de nove lecciones ou ao outro día seguinte non estea impedido que do mesmo xeito. Pronúnciase no coro despois do oficio do día, é dicir, Vísperas despois de Vísperas, e Maitines despois de Laudes. Fóra do coro según a posibilidade dos tempos.
Tradución do reverso:
Complacerei ao Señor
Amei porque o Señor escoitou a voz da miña oración
Porque inclinou cara min o seu oído e durante todos os meus días heino de invocar.
Rodeáronme as dores da morte e atopáronme os perigos do Inferno

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2019

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Liturxia
Defuncións

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
RBC/Caixa152-68Ricardo Blanco-Cicerón 2018Disponible