Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.06 - Roberto González del Blanco
01.06.03 - Coleccións documentais
01.06.03.01 - Colección Familia González del Blanco

Concordia entre os herdeiros de Fernan Gomez e os seus aforados para o pago dunhas rendas
1446-07-26
1 folla(s) ; 270 x 268 mm. Pergameo. Bo.
Nos furados que responden a imperfeccións propias da pel a escrita adáptase a eles sen perda de información
Os herdeiros de Fernán Gómez do Preguntorio, donos da propiedade na ribeira de Pedrouzos, do lado de Noia, reciben dos seus aforados Gonzalo Rodríguez e a súa muller, Catalina Eans, 90 marabedís e unha cantidade acordada de sardiñas. Ante as reclamacións de pago feitas sobre esta propiedade pola Confraría de Santa maría A nova, acórdase que os aforados desconten esta cantidade das rendas que lle pagan aos propietarios. Actúan como testemuñas o alcalde de Santiago, Xil Rodríguez Varela, e un cambiador, Xoán Vinagre
Castelán Humanística
FGB/P5-03//10
Mostrar nivel inferior