Descargar
Nivel de descrición:

SubSerie

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.02 - Documentación familiar
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.10.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Candelaria Bargiela Nuñez

1.3. Datas

1897 / 1923

1.4. Nivel de descrición

SubSerie

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Bargiela Nuñez, Candelaria, 1864-1918

2.2 Historia Institucional/Biografía

Candelaria Bargiela Núñez, prima e afillada de Ricardo Blanco-Cicerón por parte da nai, Ana Núñez Rodríguez. Casou con Juan Vidal Blanco e non tiveron descendencia.

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron ao longo do ano 2012 no Museo do Pobo Galego traídos polo patrón Fernando Acuña Castroviejo, bisneto de Ricardo Blanco-Cicerón. Tralo pasamento de Fernando Acuña no 2016 ingresa outra parte do fondo, cesión de Rosina e Margarita Acuña Castroviejo. Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa propia do profesor Acuña. O estado de conservación é bastante bo en xeral, aínda así por protocolo do museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Documentación de Candelaria Bargiela Núñez, prima e afillada de Ricardo Blanco Cicerón

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.07.01 Documentos persoais. 01.07.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.01.02 Correspondencia. 01.07.01.03 Tarxetas de visita. 01.07.01.04 Invitacións a actos. 01.07.01.05 Fotografías. 01.07.01.06 Veladas literarias. 01.07.01.06 Creación artística e apuntamentos 01.07.02 Documentos patrimoniais. 01.07.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.02.01.01 Patrimonio 01.07.02.01.01.01 Escrituras. 01.07.02.01.01.02 Casa da Senra. 01.07.02.01.01.03 Recibos. 01.07.02.01.01.04 Expedientes de testamentaría. 01.07.02.01.02 Administración de bens. 01.07.02.01.02.01 Escrituras. 01.07.02.01.02.02 Pagos. 01.07.02.01.02.03 Asuntos comerciais. 01.07.02.01.02.04 Preitos. 01.07.02.01.03 Herdanzas, testamentos. 01.07.03 Documentos de función. 01.07.03.01 Alcaldía de Tui. 01.07.03.02 Avogacía.01.07.03.03 Sociedade Simeón García. 01.07.04 Documentos de función privada. 01.07.04.01 Confraría de San Roque. 01.07.04.01.01 Goberno. 01.07.04.01.02 Administración xeral. 01.07.04.01.03 Facenda. 01.07.04.01.04 Varia. 01.07.04.02 Confraría do Rosario. 01.07.04.02.01 Goberno. 01.07.04.02.02 Administración xeral. 01.07.04.02.03 Facenda. 01.07.04.02.04 Varia. 01.07.04.03 Confraría da Angustia. 01.07.04.03.01 Facenda. 01.07.04.03.02 Soltos. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.01 Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía. 01.07.05.01.01 Organización da Exposición. 01.07.05.01.02 Correspondencia do Comité. 01.07.05.01.03 Edificio San Clemente-Sección Arqueolóxica. 01.07.05.01.04 Documentacións sobre actividades complementarias. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.02 Documentación familiar. 01.07.05.02.01 Herminia García de la Riva Blanco. 01.07.05.02.01.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.01.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.02 María Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.03 Concha Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.04 Carmen Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.05 Tomás Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.06 Mercedes Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.07 Simeón Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.08 José Bargiela González. 01.07.05.02.09 Tomás Bargiela Núñez. 01.07.05.02.10 Candelaria Bargiela Núñez. 01.07.05.02.11 Juan Vidal Bilbao. 01.07.05.02.12 Juan Ortega Blanco. 01.07.05.02.13 Amando Castroviejo Nobajas. 01.07.05.02.13.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.13.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.05.02.13.01.02 Documentos identificativos. 01.07.05.02.13.01.03. Estudos e formación académica. 01.07.05.02.13.01.04. Vida social. 01.07.05.02.13.01.05. Correspondencia. 01.07.05.02.13.01.06 Fotografías. 01.07.05.02.13.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.13.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.05.02.13.02.02 Herdanzas e testamentos. 01.07.05.02.13.03 Documentos de función. 01.07.05.02.13.03.01 Actividade laboral. 01.07.05.02.13.03.02 Actividade intelectual. 01.07.05.02.13.04 Documentos alleos. 01.07.05.02.13.03.05 Miscelánea. 01.07.05.02.13.05.01 Notas. 01.07.05.02.13.05.02 Impresos e folletos. 01.07.05.02.14 Ana Núñez. 01.07.05.03 Correspondencia allea. 01.07.05.04 Apuntamentos, notas e traballos alleos. 01.07.06 Coleccións facticias. 01.07.06.01. Colección de documentos textuais. 01.07.06.01.01 Expedientes de compravenda. 01.07.06.01.02 Expedientes de administración de bens. 01.07.06.01.03 Foros. 01.07.06.01.04 Escrituras de poder. 01.07.06.01.05 Expedientes de arrendamentos. 01.07.06.01.06 Preitos. 01.07.06.01.07 Sentenzas. 01.07.06.01.08 Cartas de pago. 01.07.06.01.09 Dotes. 01.07.06.01.10 Testamentos e partillas. 01.07.06.01.11 Miscelánea. 01.07.06.02 Coleccionismo. 01.07.06.02.01 Arte. 01.07.06.02.02 Numismática. 01.07.06.03 Impresos e folletos. 01.07.06.04 Carlismo. 01.07.06.05 Postais, estampas e recordatorios.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1897 (1) 1898 (2) 1899 (1) 1900 (1) 1901 (2) 1902 (2) 1903 (1) 1906 (8) 1907 (1) 1909 (4) 1910 (3) 1911 (6) 1912 (2) 1914 (5) 1916 (2) 1917 (1) 1918 (10) 1919 (4) 1922 (1) 1923 (2)
RBC/Caixa158-03//01 Fé de bautismo de Candelaria Bargiela Nuñez

RBC/Caixa158-03//02 Certificado do casamento canónico de Candelaria Bargiela Nuñez e Juan Vidal Bilbao en Tui

RBC/Caixa158-03//03 Certificado do Rexistro Civil do casamento de Candelaria Bargiela Nuñez e Juan Vidal Bilbao en Tui

RBC/Caixa158-03//04 Certificado do Rexistro Civil do casamento de Candelaria Bargiela Nuñez e Juan Vidal Bilbao en Tui

RBC/Caixa158-03//05 Factura da funeraria `La Fé` polos funerais de José Bargiela

RBC/Caixa158-03//06 Recibo do Concello de Pontevedra pola licenza para construir un mausoleo e os dereitos por 25anos

RBC/Caixa158-03//07 Contrato entre José Durán e Candelaria Bargiela para construir un mausoleo

RBC/Caixa158-03//08 Factura de `La Funeraria` polos funerais do seu esposo

RBC/Caixa158-03//09 Cédula persoal de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//10 Recibo do gas e da electricidade de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//11 Carta de Candelaria Bargiela e Juan Vidal a Ana Nuñez polo seu santo

RBC/Caixa158-03//12 Carta de Candelaria Bargiela e familia a Ana Nuñez polo seu santo

RBC/Caixa158-03//13 Carta de Candelaria e Casilda Bargiela a Herminia García polo seu santo

RBC/Caixa158-03//14 Carta de Candelaria e Casilda Bargiela a Herminia García polo seu santo

RBC/Caixa158-03//15 Carta de Candelaria Bargiela a Ana Nuñez polo seu santo

RBC/Caixa158-03//16 Telegrama de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a saúde de Juan Vidal

RBC/Caixa158-03//17 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a saúde de Juan Vidal

RBC/Caixa158-03//18 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a evolución da enfermidade de Juan Vidal

RBC/Caixa158-03//19 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os males de Juan Vidal

RBC/Caixa158-03//20 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón para conseguir unha casa en Santiago

RBC/Caixa158-03//21 Carta de Candelaria Bargiela a María Blanco-Cicerón polo seu santo

RBC/Caixa158-03//22 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón por uns agasallos enviados

RBC/Caixa158-03//23 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a melloría de Juan Vidal

RBC/Caixa158-03//24 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas fotos de Tomás Bargiela

RBC/Caixa158-03//25 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a saúde de Juan Vidal

RBC/Caixa158-03//26 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón acerca duns recordatorios de Juan Vidal

RBC/Caixa158-03//27 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre asuntos económicos

RBC/Caixa158-03//28 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón aceptando as súas indicacións económicas

RBC/Caixa158-03//29 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón para avisar do envío dunhas angulas

RBC/Caixa158-03//30 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o envío dunhas angulas

RBC/Caixa158-03//31 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o fanal encargado

RBC/Caixa158-03//32 Telegrama de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o pasamento do seu pai, José Bargiela

RBC/Caixa158-03//33 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unhas indulxencias para o seu pai

RBC/Caixa158-03//34 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha visita das primas

RBC/Caixa158-03//35 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a saúde de Joaquín Bargiela

RBC/Caixa158-03//36 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o estado de saúde de Joaquín Bargiela

RBC/Caixa158-03//37 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha letra de cambio e unhas obras

RBC/Caixa158-03//38 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre o seu traslado a Santiago

RBC/Caixa158-03//39 Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre cuestións prácticas do seu traslado a Santiago

RBC/Caixa158-03//40 Carta do Gobierno Militar de la Provincia y Plaza de Pontevedra a Candelaria Bargiela sobre a súa pensión de viudedade

RBC/Caixa158-03//41 Tarxeta de Luis Mª Fernández Espinosa a Candelaria Bargiela devolvendo un préstamo

RBC/Caixa158-03//42 Esquela de Candelaria Bargiela nun xornal

RBC/Caixa158-03//43 Esquela de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//44 Indulxencias concedidas para quen rece por Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//45 Actos na Confraría da Igrexa das Ánimas polo pasamento de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//46 Sinaturas dos asistentes ao funeral de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//47 Conta dos gastos do funeral de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//48 Recibo das misas celebradas no Colegio de Misiones para Tierra Santa y Marruecos aplicadas por Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//49 Factura de José Mª Paredes pola impresión de 50 tarxetas do pasamento de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//50 Recibo de José Lens por pintar o nicho de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//51 Actos na Confraría da Igrexa das Ánimas no cabodano de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//52 Recibos dos xornais pola publicación das esquelas do cabodano de Candelaria Bargiela

RBC/Caixa158-03//53 Concesión da fundación dunha misa diaria por Candelaria Bargiela na Catedral de Tui

RBC/Caixa158-03//54 Recibo da Confraría da Igrexa das Ánimas no cabodano de Candelaria Bargiela de 1922

RBC/Caixa158-03//55 Recibos dos xornais pola publicación das esquelas do cabodano de Candelaria Bargiela de 1922

RBC/Caixa158-03//56 Recibo do xornal pola publicación da esquela do cabodano de Candelaria Bargiela de 1923

RBC/Caixa158-03//57 Recibo do Concello polo nicho de Candelaria Bargiela ata 1925

RBC/Caixa158-03//58 Carta de Manuel Fernández a Candelaria Bargiela agradecendo a trato dispendado ás súas fillas

RBC/Caixa158-03//59 Carta de Candelaria Bargiela Nuñez a Ricardo Blanco-Cicerón co pésame polo pasamento de Ana Núñez

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000185001.07.05.02.10Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible