Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.01.05.//RBC/Foto-17//018


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-17//018

1.2. Título

Retrato de Marie Vernon

[S.n.]

1.3. Datas

1862, ca . Paris

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 85 x 55 mm. sobre cartón de 93 x 62 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Disdéri, André Adolphe Eugène, 1819-1889, Fotógrafo . (Paris )

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fotógrafo francés, dedicado á paisaxe, retrato, espido e reportaxe. Disdéri foi un dos grandes representantes do retrato fotográfico popular, de corte academicista. O 22 de novembro de 1854 patentou o sistema de positivado de dez fotografías nunha soa folla que, unha vez cortadas e pegadas en cartóns convertíanse nas «Carte de visite portrait» (retrato «tarxeta de visita»), e cuxo éxito foi instantáneo. A mediados de 1854, instalouse na cidade de París, no número 8 do `bulevar des Italiens`, chegando a ter, o estudio máis grande e importante de París.
A bailarina Marie Vernon no rol de Fenella na opera de Masaniello, ou A muda de Portici (título orixinal en francés, Masaniello, ou La Muette de Portici), do compositor francés Daniel-François Auber. A obra inspírase no alzamento histórico de Masaniello contra o goberno español en Nápoles en 1647, e foi estreada en 1862.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato feminino de corpo enteiro e de pé, situado diante dun fondo neutro con motivos vexetais. A figura mira ao espectador cunha pose teatral, simulando un paso de baile. Viste indumentaria tradicional da Campania (Napolés) con saia longa, mandil con dunhas bandas de flores, unha fita atada na cintura e camisa branca e xustillo, sobre a cabeza unha especie de cofia e nos pés unhas bailarinas

No anverso, impreso: `Disderi Phot.`. No reverso, mención de responsabilidade impresa: `Disdéri / Photographe de S.M.L`Empereur / 8, Boulevart des Italiens / Paris
No reverso, manuscrito: `Vernon / Muette de Portici`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

5.4. Nota de Publicacións

[S.n.]

6.1 Nota xeral

As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Entre 1863 e 1865 tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Santiago de Compostela

Ópera
Fotografías

8.3. Datos adicionales: Editor si procede

[S.n.]

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0001902RBC/Foto-17//018Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible