Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.01.05.//RBC/Foto-11//003


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-11//003

1.2. Título

[Retrato do Reitor Antonio Casares e catedráticos da época]

[S.n.]

1.3. Datas

1881 / 1882 . Santiago

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 146 x 216 mm. sobre cartón 226 x 303 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Cavaz, Jules David, 1848-1923, Fotógrafo

Universidade de Santiago de Compostela

2.2 Historia Institucional/Biografía

Jules David foi un dos primeiros fotógrafos profesionais en especializarse en fotografía escolar, realizando fotografías de grupos, sobre todo de institucións educativas de varios países europeos. En España, rexístranse numerosas visitas entre 1878 e 1909.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato grupal en tres niveis; no primeiro, as figuras sedentes, no resto, de pé a diferente altura. No centro da composición, entre dúas mesas cos pés de sereas, a imaxe do reitor, sen birrete na cabeza. Todos os integrantes visten a indumentaria universitaria con toga, muceta, birrete e medalla.

Cartón de cor verde oliva
No anverso, impreso: `UNIVERSIDAD DE SANTIAGO / 1881-1882`
O cartón ten a traseira aberta para poder quitar a fotografía

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

5.4. Nota de Publicacións

[S.n.]

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Casares Rodríguez, Antonio, 1812-1888

A Coruña-Santiago de Compostela

Fotografías

Universidade de Santiago de Compostela

8.3. Datos adicionales: Editor si procede

[S.n.]

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0002741RBC/Foto-11//003Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible