Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.01.05.//RBC/Foto-13//54


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-13//54

1.2. Título

Retrato de José María, Conchita e Pilar Castroviejo Blanco-Cicerón

1.3. Datas

1915-02-07 . Santiago

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 140 x 88 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Fotografía Portuguesa J.B. Almeida, Fotógrafo (Santiago de Compostela) Almeida, Juan Bautista

Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983
Castroviejo Blanco-Cicerón, Concha . (Castroviejo Blanco-Cicerón, Concepción), 1910-1995
Castroviejo Blanco-Cicerón, María del Pilar, 1914-2006

2.2 Historia Institucional/Biografía

Concha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír.
A comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Trasládase a vivir a Barcelona até febreiro de 1939 que tivo que fuxir a Francia. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México.
En decembro de 1949 regresa a Galiza coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Compostela asinando como Concha Castroviejo e baixo o pseudónimo de Asela. En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones como columnista. Entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana. É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Tamén formou parte da Asociación Internacional de Críticos Literarios
Juan Bautista Almeida Rodríguez (?-1936) era portugués. Establecérase... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de grupo, as tres figuras de corpo enteiro, e frontais. Na esquerda, sentado nun diván, un neno (José María) vestido de mariñeiro; no centro, recostada, unha bebé (Pilar); na dereita, sedente, unha nena (Concepción) con moñitos a ambos lados da cabeza.

No reverso, impresa, mención de responsabilidade: Fotografia Portuguesa / J. B. Almeida / Santiago
No reverso, dedicatoria manuscrita: A su buenísimo abuelito / Sus nietecitos que tanto / lo quieren / Jose Maria / Conchita Pilar / Santiago 7-2-915

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

Os retratados son os netos de Ricardo Blanco-Cicerón.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Familia
Fotografías

Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983
Castroviejo Blanco-Cicerón, Concha . (Castroviejo Blanco-Cicerón, Concepción), 1910-1995
Castroviejo Blanco-Cicerón, María del Pilar, 1914-2006

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004613RBC/Foto-13//54Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible