Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.01.05.//RBC/Foto-13//55


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-13//55

1.2. Título

Retrato de José María e Concha Castroviejo Blanco-Cicerón

1.3. Datas

1920, ca.

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 132 x 82 mm. sobre cartón 164 x 109 mm. Papel.. Deteriorado.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )

Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983
Castroviejo Blanco-Cicerón, Concha . (Castroviejo Blanco-Cicerón, Concepción), 1910-1995

2.2 Historia Institucional/Biografía

Luis Casado naceu en Avila e criouse en Ourense a onde foi vivir con seis anos. Con dez anos de idade comezou a súa andaina no oficio de fotógrafo, ao entrar coma aprendiz no estudo de Xosé Pacheco ata que en 1915 establecese pola súa conta xa na cidade de Compostela, no nº 23 da Rúa do Vilar. En 1922 expande o seu negocio a Vigo, abrindo un estudo na rúa Urzaiz; será súa irmá Carmiña que quede a cargo do establecemento de Santiago. En 1937 pecha o seu estudo de Vigo e retorna a Compostela, centrándose nas labores habituais dun estudo fotográfico.
José Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas.
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de parella, de corpo enteiro, frontal e de pé. As dúas figuras vestidas de mariñeiros, á esquerda con saia curta, Conchita, a dereita de pantalón curto, José María.

No anverso, estampada, mención de responsabilidade: Ksado.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Deteriorado.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Familia
Fotografías

Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983
Castroviejo Blanco-Cicerón, Concha . (Castroviejo Blanco-Cicerón, Concepción), 1910-1995

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004615RBC/Foto-13//55Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible