Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.02 - Documentación familiar
01.07.05.02.01 - Herminia García de la Riva Blanco
01.07.05.02.01.01 - Documentos persoais
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.05.02.01.01.//RBC/Foto-22//067


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-22//067

1.2. Título

Retrato de nena

1.3. Datas

1890, ca . Santiago

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 130 x 92 mm. sobre cartón 165 x 105 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fotógrafo nado en Verín. Instalado en Compostela en 1889, onde abre estudos na rúa do Vilar 43 e 49, desenvolvendo a súa actividade fotográfica entre 1890 e 1910.
Foi fillo dun enxeñeiro de obras públicas, o que fixo que residira en diversas localidades, Carril, Padrón e Compostela desde 1864, amais de Verín onde naceu.
En 1889 a prensa informa da apertura dun estudo na rúa do Franco que nunca chegou a abrir; un ano despois, ten novo estudo no nº 43 da rúa do vilar (o que antes fora o estudio de Pedro Varela), rexistrado primeiro baixo o nome “Fotografía Artística de Ernesto Carrero”, despois como “E. Carrero”. En 1907 trasládase ao nº 49, da mesma rúa, sendo a derradeira ubicación, e dado de baixo en 1910. Fotógrafo republicano e masón, destacou como retratista e como fotógrafo documental, de tipo monumental e de eventos, tirando fotografías do traslado dos restos de Rosalia de Castro a Bonaval en 1891 e a visita de Curros Enríquez á tumba da primeira en 1904.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

En formato vertical, retrato infantil, de corpo enteiro, sedente e frontal. A nena leva vestido claro con volantes nos ombreiros, bastas e puntilla no baixo, amais de zapatos e calcetíns negros. Está sentada sobre unha cadeira escura con decoración de flocos. Fondo de arquitectura pintada.

No anverso, mención de responsabilidade: Ernesto Carrero Goyanes / Rua del Villar 43. Santiago
No anverso, anotación manuscrita: bisabuela Herminia / Herminia Garcia Blanco / 1855

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

O fotógrafo Carrero Goyanes naceu en 1854, no mesmo ano que Herminia, polo tanto non pode ser a retratada, tal e como indica a anotación manuscrita do reverso .

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Indumentaria - Moda internacional
Fotografías

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0005510RBC/Foto-22//067Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible