O remitente, farmacéutico de Tui e amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, agradece a recomendación de Ricardo para axudar ao seu fillo Atilano, e informa do ingreso de 700 pesetas produto duns cupóns
O remitente informa que o Alcalde xa ten orde do Ministerio de Gobernación de pagar a José Amoedo polo asunto do papel queimado, e confía que se vaia pechando o tema
O remitente informa que o Concello resolveu que se fagan por vía xudicial as reclamacións do asunto do papel queimado aos concelleiros, o cal entende que beneficia a Blanco-Cicerón, excepto a aqueles que non participaron no nomeamento do Depositario
O remitente, farmacéutico de Tui e amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, felicita o santo de Ricardo e informa sobre a saúde de Doña Ana, nai de Blanco-Cicerón.
O remitente informa que o Alcalde de Tui interpon recurso de alzada ante o Mº da Gobernación sobre o asunto do papel queimado, e detalla os pasos que el dará en favor da causa de Blanco-Cicerón
O remitente comenta a Ricardo Blanco-Cicerón as posturas dos membros da Comisión do Consistorio do preito do papel queimado, insistiendo en que non ten motivos de preocupación
O remitente, doutor da farmacia Areses en Tui, recomenda a un albanel portugués moi formal, honrado e traballador. Aproveita para enviar saúdos á familia de Ricardo.
O remitente, doutor da farmacia Areses en Tui, recomenda a un albanel portugués e un estucador da mesma nacionalidade.
O remitente envía unha copia da R.O. dictada pola reclamación do Alcalde de Tui contra o acordo do Concello e a resolución do Gobernador no preito do papel queimado
O remitente envía unha serie de documentos dos últimos avances para pechar o preito do papel queimado
O remitente comenta a Blanco-Cicerón que na Junta non se está moi de acordo coa compra dunhas pezas (pectoral, cordón e anel) que necesitan un orzamento e un diseño e que o Arcebispo quere que se encargue a Madrid. Avisa que xa recibiu outra peza pero quedan pendentes algunhas
O remitente comenta a desestimación do recurso de alzada e como se desenvolven os encontros do Consistorio e os enfrontamentos que hai nas sesións
O remitente comenta as posicións dos membros da Comisión do Consistorio do preito do papel queimado, e calcula que Ricardo Blanco-Cicerón non ten motivos de preocupación
O remitente informa sobre a excedencia de Telmo Rodríguez González, Alcalde de Tui, por dous meses, nomeando a Vicente Comesaña no seu lugar, convencido de que non volverá a incorporarse e será suspendido. Todo a causa do sucedido co preito do papel queimado e das accións emprendidas por Areses, a entendimento do mesmo
O remitente comenta a execución do que a R.O. obriga no preito do papel queimado: o responsable é o Depositario, xa falecido, así que ten que responder a viúva cos seus bens, mais é declarada insolvente, polo cal se procederá contra o resto dos concelleiros. Para iso vaise constituir unha comisión na que participará Areses, e suxire a Blanco-Cicerón os pasos que debe dar na súa defensa
O remitente comenta a inauguración dun víacrucis en San Telmo
O remitente informa da intención da Comisión Municipal nomeada para o preito de José Amoedo de facer responsables únicamente a Juan Ramón Pérez Hermida, o Depositario, e ao propio Ricardo Blanco-Cicerón
O remitente informa sobre a inviabilidade do recurso de alzada da resolución do Gobernador no preito do papel queimado, e dunha venda dun solar para satisfacer os pagos a José Amoedo
Carta de Juan Areses, farmacéutico de Tui e amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, agradecendo a súa intervención co seu fillo Atilano. Informa do cambio de 25 cupóns por valor de 1020 reis cada un. Pide outra recomendación para o seu irmán Evaristo
Carta de Juan Areses, farmacéutico de Tui e amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a saúde da súa nai e informa da celebración dunha misa para pedir pola recuperación. Tamén comenta sobre a nova recomendación para que Atilano, poida presentarse aos exames de setembro na materia Farmacéutica Vexetal.