Buch Hermanos, Fotógrafos. (Santiago de Compostela) Buch y Buet, Ramón Buch y Buet, Juan
Retrato de familia coa nai, Benita, sentada no centro; ao seu redor e de pé, o seu home Francisco e as súas fillas María, Carmela e Juana. O home vai vestido con camisa, chaleco e chaqueta. As mulleres levan todas o pelo partido en dúas metades e recollido en dúas trenzas e cos panos da cabeza baixados e colocados sobre os pescozo. A nai e a filla máis vella levan dengues por riba das camisas e as dúas fillas máis pequenas levan chaquetas. Todas levan mantelos sen bordar e zapatos.
Buch Hermanos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Buch y Buet, Ramón (1842-1894) Buch y Buet, Juan
En formato vertical, retrato grupal feminino de corpo enteiro, frontal e ante un decorado con pintura de ventá aberta ao mar. No centro, sentada, Clotilde Navajas Cerezo, con traxe de dúas pezas e con sombreiro. Aos lados, de pé, mulleres vestidas do mesmo xeito, con estola de pel sobre o peito.
Buch Hermanos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Buch y Buet, Ramón (1842-1894) Buch y Buet, Juan
En formato vertical, retrato feminino de corpo enteiro, de pé e frontal, ante un decorado con pintura de ventá aberta ao mar. A muller leva traxe de saia e chaquetiña con abotanadura central. Ten os cabelos engomados e peiteados ao medio, apoiando os brazos sobre unha mesa alta.