Vista detalle dun libro; no centro da páxina, unha figura masculina con espada, coroa e estandarte con tres cunchas de vieira, a cabalo sobre os inimigos. Á esquerda unha lenda en latín, e á dereita, unha fotaleza con ameas
O remitente, do Cabido Metropolitano de Santiago, acepta a invitación para cooperar na Exposición Regional Gallega de 1909
Confirmación de cobro por parte do prior do mosteiro, frei Álvaro de Santiago, polas misas en favor de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago. Inclúe tamén tres documentos anteriores, nos que Rodrigo de Moscoso, arcebispo de Santiago, reclama o pago de misas aos testamentarios do deán. O documento remata coa fórmula da excomuñon, ou fórmula cominatoria, empregada de xeito habitual.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha casula; bordada con motivos xeométricos, con tres seccións verticais delimitadas por unha fita de ouro cosida que se repite en todo o contorno da peza
Comunicación do Cabido Metropolitano de Santiago á Confraría de San Roque da mesma cidade sobre a procesión de San Roque, coa apertura de portas da catedral e toque de campá ao paso da procesión da Confraría.
Conxunto de no documentos relacionados co testamento de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Destacan entre outros, os pagos aos escribáns, aclaración do herdeiro e sobriño, ao respecto do codicilo, sobre as rendas para a fundación dunha capela en Santa Maria a Nova de Noia, ou un documento sobre Fernán Núñez, fillo do propio deán, en prisión por querella, liberado con cargo aso cartos do testamento destinados a obras de misericordia
Modificación testamentaria de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Inclúe inventario de bens mobles, relación de moedas, e xoias e obxectos suntuarios.
Vista detalle dun libro; representación dun altar con cortina inferior, remate triangular e columnas con volutas. No centro, figura sedente de Santiago con caxato, coroa, esclavina con cunchas de vieira e cartela co seu nome S. Iacobus. Á súa esquerda, figura de pé con cartela identificativa Theodorus; á dereita home con libro na man e cartela, Atanasius.
O remitente saúda e comunica a Ricardo Blanco Cicerón a súa toma de posesión como deán da Santa Metropolitana Igrexa de Santiago
Testamento de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Son varios os beneficiarios do testamento, entre eles, os mosteiros de San Domingos, San Francisco e Belvis, o arcebispo Rodrigo de Moscoso, o Hospital de Santiago, o seu sobriño e cóengo da catedral, Xil Martínez, amais dos cartos deixados para as `pitanzas`.