F. Bixio y Cia, Fotógrafos (Bos Aires) Bixio, Florencio
Retrato de estudio de dúas mulleres e un home. No centro esta unha muller nova sentada nunha cadeira, cun vestido escuro adornado cuns reberetes xeométricos; levan pendentes, colar e pulseiras e sostén un libro aberto nas mans. Á esquerda, un home de pé, vestido con traxe de chaqueta e gravata, apoiando a súa man nunha mesiña auxiliar. Á dereita, unha muller nova de pé, con vestido de cor clara, e con pendentes e colar. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha columnas e un xardín. A fotografía preséntase nun cartafol tipo libro, adornado na portada cun ramo de flores e cun papel protector entre a portada e a fotografía.