Guiard Burgalat, Joseph, 1842-1878, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato dun sacerdote de pelo moi curto e imberbe. Leva sotana cunha gran borla pendurada do pescozo e unha capa que recolle coa man esquerda. A man dereita vai apoiada no alto respaldo dunha cadeira torneada e tallada con froitas e follas. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha fonte.
Guiard Burgalat, Joseph, 1842-1878, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato dunha muller de corpo enteiro, vestida cun traxe escuro ao estilo polisón, sostendo un libro entre as mans. A esquerda, unha cadeira de alto respaldo tallado e torneado. Detrás, un pano de fondo que debuxa a varanda dun balcón e unha cortina recollida nun lado.
Guiard Burgalat, Joseph, 1842-1878, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato dunha moza co pelo recollido na parte posterior da cabeza, vestida cun traxe escuro adornado no peito cunha especie de pano branco que cobre os ombreiros e que remata en pico na cintura. Leva a súa man dereita apoiada no alto respaldo tallado dunha cadeira. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha alta ventá aberta cunha barandilla e un xardín cunha escalinata.
Guiard Burgalat, Joseph, 1842-1878, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Retrato de corpo enteiro, dunha parella de mulleres diante dunha falsa arquitectura. Unha está sentada e a outra de pé, apoiada no respaldo da cadeira. Levan ornamentada vestimenta á moda europea con polisón; os cabelos recollidos nun complexo moño. As dúas están de perfil e mirándose entre sí.