Rexistros atopados: 4 Total de páxinas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Mora Rodríguez, Eugenio, 1848-?, Fotógrafo . (Ferrol)
1885
1 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 143 x 96 mm. sobre cartón de 162 x 104 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato dunha nena de curta idade vestida con traxe de galega. Leva unha cofia branca suxeita cunha cinta con lazada na parte superior. No busto leva unha chaqueta curta sobre un mantón con flocos que sobresaen pola parte inferior; a chaqueta vai adornada con cintas de veludo e con tiras de agremán bordado no peito, na cintura e nos puños; leva ademais dous peches de prata en forma de flor. De cintura para abaixo leva un mantelo cun ancho rodo de veludo e unha tira ancha de agremán bordado; baixo o mantelo vese unha saia floreada. Nas pernas, medias caladas e zapatos. Como xoias leva pendentes longos e un aderezo ou sapo pendurado do pescozo. Na súa man dereita leva un pano das mans de cor branca; o brazo esquerdo vai domeado apoiando o cóbado nuns troncos que semellan rochas, Detrás, paisaxe dunha ría.

RRA/Foto-28//31
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Mora Rodríguez, Eugenio, 1848-?, Fotógrafo . (Ferrol)
1885
1 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 138 x 96 mm. sobre cartón de 162 x 105 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrati dun rapaz de corpo enteiro, co pelo curto e vestido con traxe de chaqueta. Na man dereita leva unha vara e a esquerda vai apoiada nunha barandilla torneada sobre a que descansa un sombreiro.

RRA/Foto-28//32
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Mora Rodríguez, Eugenio, 1848-?, Fotógrafo . (Ferrol)
1885
1 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 139 x 99 mm. sobre cartón de 162 x 105 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de medio corpo dunha muller de pelo rizado peiteado con raia ao lado deixando uns caracois sobre a fronte e recollido na parte superior da cabeza cun prendedor. Viste un traxe escuro co corpo adornado con grandes abelorios de vidro de forma esferoidal e un broche metálico en forma de corazón.

FLL/Foto-29//13
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Mora Rodríguez, Eugenio, 1848-?, Fotógrafo . (Ferrol)
1885
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 94 x 55 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha nena cun vestido de cor clara e unhas botas brancas. Está de pé sobre un banco apoiando a súa man sobre a parte superior do brazo do banco, que remata na parte baixa na cabeza dun león. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe pouco visible.

FLL/Foto-19//19
Página: 1/1