J. Palmeiro é hijos Santiago, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Retrato masculino de corpo enteiro e de pé, diante dun fondo con motivos vexetais. A figura está de medio perfil, mirando ao espectador, leva anteollos e solideo. Viste indumentaria relixiosa de cor escura con longa capa recollida na súa man esquerda; a súa man dereita descansa sobre un libro, apoiado nunha consola de mármore.
J. Palmeiro é hijos Santiago, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Retrato de nena, de corpo enteiro cun fondo de cortina. A figura está sentada sobre unha varanda, mirando ao espectador, leva vestido curto de cor clara e zapatos escuros.
J. Palmeiro é hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Retrato dun profesor universitario de corpo enteiro, co pelo curto, bigote e perilla. Vai vestido cun traxe escuro sobre o que loce a toga con muceta de cor máis clara. No lado dereito vese parte dunha mesa de catro patas torneadas como columnas salomónicas con traveseiros tallados; enriba da mesa, varios libro e sobre eles o birrete. O home leva, na súa man dereita, un libro que apoia sobre a mesa. Detrás, un pano de fondo cun zócalo decorativo pintado.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Vista detalle dun retrato masculino de 3/4. A figura está de perfil, con chaqueta pechada con solapas e pano no pescozo a modo de gravata. Leva os cabelos peiteados cara atrás e barba con bigote.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Vista detalle dun retrato masculino de 3/4. A figura está de perfil, con chaqueta pechada con solapas e pano no pescozo a modo de gravata. Leva os cabelos peiteados cara atrás, amais de barba e bigote.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Retrato dun sacerdote de corpo enteiro, co pelo moi curto e imberbe. Viste sotana e capa e sobre o peito unha muceta branca, correspondente á licenciatura en Teoloxía. No lado esquerdo hai un velador de pé torneado e mesa redonda no que descansa un libro e sobre el o barrete. O cura sostén na man un libro pechado que apoia no velador. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe apenas visible e no lado esquerdo unha cortina.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Retrato de corpo enteiro dunha nena con melena de longos bucles suxeitos cun lazo na parte alta da cabeza. Leva un vestido curto de cor branca, con medias de mesma cor e botas negras altas. A súa man dereita vai apoiada nun velador de pé torneado que na parte superior leva un espello oval. Detrás dos pés da nena apréciase a base dun repousacabezas que se pode ver tamén no reflexo do espello, suxeitando a cabeza da nena na parte posterior. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Retrato de corpo enteiro dunha nena con melena de longos bucles. Leva un vestido curto de cor branca con adornos e reberetes dunha cor máis escura; leva medias brancas e botas negras altas. A súa man dereita vai apoiada nun velador de pé torneado que na parte superior leva un espello oval. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Retrato de corpo enteiro dunha nena de pelo curto suxeito cunha diadema cun lazo. Leva un vestido curto de cor branca, medias da mesma cor e botas negras altas. Entre as mans suxeita unha boneca. Á esquerda hai un velador de pé torneado que na parte superior leva un espello oval. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe dun río.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Busto en 3/4 á esquerda dun home de pelo curto rizado, con barba e bigote. Leva camisa branca cunha estreita gravata de lazo e chaleco e chaqueta escuros.
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Busto de perfil á esquerda dun home de pelo curto, bigote e perilla. Vai vestido con traxe de chaqueta escuro e con camisa branca e gravata
J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
Busto masculino en 3/4 á esquerda dun home de pelo curto peiteado para atrás con barba e bigote. Viste camisa branca cunha esteita gravata de lazo e unha chaqueta escura.