Documentos da cesión de bens raíces do lugar da Ramiscosa en favor de Antonio de Avijón, hoxe Vicente Bermúdez dono intotum de dito lugar. Inclúe un auto de demanda de Manuel Serrano contra Ignacio Avijón, e un convenio entre Teresa de Fraga e D. Ignacio Antonio Avijón?
Escritura de compravenda entre Manuel Añón, veciño de Laracha e Vicente Bermúdez, veciño de Coristanco, por dous ferrados de trigo que tiña no lugar da Ramiscosa en Sofán. Inclúe certificado de pago pola compra, emitido polo partido de Carballo.
Portada que leva por título, `Documentos referentes aos bens comprados por Dª Isabel Navarrete, viúva de D. Jacobo Blanco, a Vicente Bermúdez e a súa muller Dª Josefa Cambre por escritura otorgada ante o escribán de Santiago D. Domingo, sitos no lugar da Ramiscosa.
Carpetiña con tres documentos: documento de compra de Isabel Navarrete a Vicente Bermúdez e a Josefa Cambre, tres casas (1860); tres arrendamentos das fincas anteriores (1858) e documento de redención dunha pensión por ditos bens.
Conxunto de catro documentos: gastos anuais pagados por Vicente Bermúdez polos bens do lugar da Ramiscosa, listado dos bens da Ramiscosa, documento de protesta e un auto de demanda entre Vicente Bermúdez e Antonio Silveira.
Carpetiña do documento que levaba por título `Escritura de 16 ferrados de trigo de Santa Maria de Chaián con Dn Domingo Valentín Martínez desta cidade en decembro de 1856. Foro de 10 ferrados de trigo en Chaián`
Documento oficial coa partillasas da herdanza de Isabel Navarrete e Jacobo Blanco, avós de Herminia García de la Riva, en favor dos seus catro fillos Juana, María, Manuel e Ángela Blanco Navarrete. Inclúe dous recibos do rexistro da propiedade de Santiago.
Listado dos bens e prorrateo do lugar da Ramiscosa. O listado comprende trinta e dous elementos: a casa principal, casa térrea, horta, prado de regadío, leiras, muíño do Castro, etc. E o prorrateo entre varios veciños.
Testamento de Ignacio A. Avijón veciño de San Paio de Coristanco, onde cita os bens que posúe no lugar da Ramiscosa, no actual concello de Carballo; entre outros, varios piñeirais e dezaseis ferrados de labranza.