Ver nivel superior
Alegato de Domingo Fernández no que afirma a inexistencia do contrato para a formación de `La Ferrocarrilana`, asegura a existencia de negociacións que non chegaron a bo porto e que os contratos non se firmaron, non existindo unha folla de tarifas; así nega a existencia dun contrato polo que esta empresa tería unha vida de catro anos firmados e ve como tenues os testemuños dados en contra, crendo que, por exemplo, só o cambio de letreiros `La Ferrocarrilana` por `La Unión` non demostra nada.
Ver nivel superior
Alegato de Ramón Tojo contrarrestando punto por punto todo os feitos aducidos anteriormente e manténdose na postura de inexistencia de contrato.
Ver nivel superior
Ínstase a Manuel Blanco a que declare sobre a veracidade de distintos feitos: aviso aos mozos do cambio de empresa, e sí recibiu uns libros de Ochoa. É borrador.
Ver nivel superior
Relación de testemuñas que declararon na proba de Manuel Blanco e pequenas anotacións sobre cada unha delas.
Ver nivel superior
Extracto no que se explican os feitos relatados por Antonio Novoa.
Ver nivel superior
Nota que se refire ao feito de que Remigio Ochoa foi acompañado por Manuel Blanco na súa viaxe a Ourense.
Ver nivel superior
Relación de feitos acaecidos en Ourense o 1 de xullo de 1876 realizada por Remigio Ochoa.
Ver nivel superior
Nota incompleta de parte dos feitos sucedidos o 1 de xullo de 1876 en Ourense entre os demandados e testemuñas do caso.
Ver nivel superior
Aclaracións sobre testemuñas do xuízo.
Ver nivel superior
Carpetiña na que probablemente se gardaban os papeis e cartas enviadas en xuño por Remigio Ochoa para acadar os billetes orixinais.
Ver nivel superior
Carta de Eulalio Aldoval a Remigio Ochoa informándoo da carruaxe que consta de Manuel Cerviño no concello de Silleda, a data na que se deu de baixa e a falta de datos para saber se foi a Ourense.
Ver nivel superior
Carta de José María Fernández a Remigio Ochoa adxuntando copia do fallo do caso de `La Ferrocarrilana` (e que non se atopa).
Ver nivel superior
Carta de Ramón de las Cagigas, administrador de Correos, a Remigio Ochoa informándolle de distintas cuestións sobre os documentos solicitados para o caso de `La Ferrocarrilana`.
Ver nivel superior
Carta enviada a Remigio Ochoa semellante á do 10 de maio referíndolle os problemas que ten no Ministerio de Marina para reunir os datos solicitados e pide un pouco de tempo para conseguilo.
Ver nivel superior
Diferentes notas do caso de `La Ferrocarrilana` coas conxeturas de Ramón Tojo sobre as súas testemuñas interrogadas e en contra das outras.
Ver nivel superior
Contrato mancomunado polo que Salvador López de Heredia e Tomás Cobos, donos da `Ferrocarrilana del Norte` retiran o servizo que prestaban na liña Santiago-Ourense en favor de Manuel Blanco e Manuel Cerviño, donos de `La Unión`, durante catro anos a cambio dunha indemnización de 1166 reais mensuais.
Ver nivel superior
Defensa de Domingo Fernández no nome dos tres demandados contestando aos dezaseis feitos de López de Heredia con outros once para contrarrestalo na secuencia do caso, alegando a inexistencia de contrato de compañía entre o demandante e os demandados.
Ver nivel superior
Disertación para reafirmar a demanda co relato dalgúns feitos sucedidos nos primeiros días de xullo de 1876: falta dalgún letreiro da Ferrocarrilana, facilitación por parte de Ochoa dunha carruaxe, pago polo uso desta carruaxe. É borrador.
Ver nivel superior
Declaracións feitas por Remigio Ochoa, tanto como testemuña no caso de `La Ferrocarrilana` como transmisor das instrucións dadas por Salvador López de Heredia.
Ver nivel superior
Nota recordando a posible declaración de Manuel Sanjuán e lembranza sobre se convén investigar o número de tiros de cada demandado entre maio e xuño de 1876.