Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
Busto de fronte dun home de idade avanzada, calvo e imberbe. Viste chaqueta negra sobre camisa branca.
Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
Retrato de corpo enteiro dun home de pelo curto e bigote. Viste un longo gabán sobre un chaleco e unha camisa branca con gravata de lazo e leva pantalón longo de cor negra. O seu brazo dereito vai domeado, agarrando o borde do gabán á altura da cintura; o esquerdo vai apoiado nunha cadeira con respaldo ao aire cun motivo vexetal tallado e calado no centro. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha parede con zócalo panelado.
Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
Retrato de corpo enteiro dunha muller nova, peiteada co pelo dividido á metade con raia ao medio e recollido en dúas trenzas. Leva pendentes longo de forma triangular rematados nunha roseta. Vai vestida cunha chaqueta negra de amplas mangas recollidas nun puño adornado con veludo. Sobre o peito, un mantón de longos flocos anoado na parte dianteira sen cruzar. Leva un amplo mantelo cun gran rodo de veludo. Leva o seu brazo esquerdo domeado, apoiando a man á altura da cintura; a man dereita vai apoiada sobre un aparador no que descansa un floreiro cun ramo. Detrás, unha parede panelada
Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
Busto de fronte dunha muller de pelo rizo, con varios caracois sobre a fronte, recollido na parte posterior da cabeza cunha peita. Viste de escuro e leva no pescozo un pano anoado e sobre el, unha cruz.