Registros encontrados: 15 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1880 / 1899
1 fotografía(s) colete ou 1/4 de placa Positivo en branco e negro 55 x 65 mm. sobre cartón de 123 x 81 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de estudio de catro homes, dous sentados na parte dianteira e outro dous detrás de pé. Todos levan bigote e traxe de chaqueta con gravata de lazo, Os dous homes das esquerda levan sombreiro tipo bombín. O que está de pé á esquerda leva sombreiro e o que esta sentado unha gorra.

RRA/Foto-21//01
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1890 / 1900
1 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 137 x 95 mm. sobre cartón de 162 x 109 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato dunha muller de idade avanzada co pelo rizado recollido nun gran moño alto na parte posterior da cabeza. Vai sentada nunha cadeira de respaldo alto, tallada e torneada. Leva no colo un bebé de curta idade, vestido cun faldrón branco e con capota. Sobre as pernas, leva unha manta branca. Detrás, unha barandilla imitando pedra e un pano de fondo que debuxa unha paisaxe con árbores e un templete.

RRA/Foto-28//27
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1890 / 1900
1 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 136 x 95 mm. sobre cartón de 162 x 108 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato dun bebé cun enorme faldrón branco sen mangas e coa cabeza descuberta. Vai sentado sobre unha barandilla imitando pedra. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha paisaxe con árbores e un templete.

RRA/Foto-28//28
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1890 / 1900
2 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 137 x 95 mm. sobre cartón de 162 x 108 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato dun bebé cun enorme faldrón branco sen mangas e coa cabeza descuberta.

RRA/Foto-28//29
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1889 / 1899
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 85 x 56 mm. sobre cartón de 105 x 65 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato dunha muller nova co pelo recollido na parte posterior da cabeza, vestida cun traxe de cor clara á moda da Belle Epoque. Vai apoiada sobre unha columna cuadrangular con decoración vexetal tallada nas súas caras; detrás, unha barandilla e un pano de fondo con arquitecturas apenas visible.

RRA/Foto-18//14
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1885
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 88 x 56 mm. sobre cartón de 108 x 67 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Busto feminino en 3/4 á esquerda, co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chaqueta escura coa parte do peitoral en branco e cun colo alto en forma de volante fruncido.

RRA/Foto-18//15
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1888 / 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 88 x 56 mm. sobre cartón de 107 x 67 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller nova co pelo recollido nun moño na parte alta da cabeza. Vai vestida ao estilo polisón cun traxe de dúas pezas: unha saia a raias verticais cuberta na parte posterior cunha sobre saia de cor clara, con máis volume no cu, moi curta na cintura e que vai aumentado de lonxitude facendo drapeados. O corpo do vestido é da mesma cor que a sobre saia e vai adornado nos puños e no peito coa tea listada da saia. A muller leva a súa man dereita apoiada nun gran floreiro en forma de copa que adorna unha barandilla. Detrás, un pano de fondo con árbores e arquitecturas.

RRA/Foto-18//16
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1875 / 1879
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 87 x 53 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller nova vestida de escuro cun traxe ao estilo polisón e cunha capota na cabeza. O seu brazo dereito vai apoiado sobre unha columna cuadrangular adornada con molduras, cuberta en parte por unha cortina. Entre ambas mans sostén un estoxo ou un libro.

RRA/Foto-18//20
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1890, ca.
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 87 x 54 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller de perfil á esquerda coa cara volta cara á fronte. Leva o cabelo partido en dúas metades por unha raia ao medio e recollido nunha longa trenza que lle chega ate a cintura. Viste un traxe escuro de dúas pezas, co corpo axustado cos puños de veludo negro e unha saia con voo adornada no terzo inferior cun rodo de veludo negro e un volante con táboas adornadas alternativamente con veludo negro. No pescozo e nas mangas sobresaen un colo e uns puños brancos. Leva ambas mans apoiadas no alto respaldo dunha cadeira torneada e tallada de estilo alfonsino co asento e o respaldo tapizados en cor clara. A esquerda, unha cortina que oculta en parte o respaldo da cadeira.

FLL/Foto-19//03
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1871 / 1989
1 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 143 x 103 mm. sobre cartón de 159 x 108 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de máis de medio corpo, dunha muller vestida ao estilo polisón. Ten o pelo rizado e recollido, cuberto en parte por unha mantela de blonda que cruza sobre o peito cubrindo os ombros e caendo pola parte dianteira. Leca chambra branca e saia escura. O cóbado do brazo dereito vai apoiado nunha cadeira tallada e tordeada co respaldo tapizado; na man dese lado leva un abanico parcialmente aberto que aproxima á súa cara. En ambas mans leva varias pulseiras e aneis, e tamén pendentes longos nas orellas. Detrás, un pano de fondo que debuxa arquitecturas clásicas.

RRA/Foto-28//30
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1871 / 1889
1 fotografía(s) Promenade Positivo en branco e negro 183 x 89 mm., sobre cartón de 209 x 100 mm.

En: 03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

Retrato dunha muller nova, de corpo enteiro, vestida á moda do polisón. Leva o pelo recollido na parte alta da cabeza, deixando caer uns rizóns sobre a fronte. Vai apoiada nunha columna prismática de madeira, oculta parcialmente por unha cortina

FSC/Foto-43//02
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1880 / 1899
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 87 x 52 mm. sobre cartón de 103 x 65 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha nena vestida de curto cun vestido branco. Leva o pelo dividido cunha raia a un lado, recollido na parte posterior da cabeza. Entre as mans suxeita un abanico e leva o seu brazo dereito apoiado sobre un velador co pé torneado; a perna dereita vai cruzada por diante da esquerda. No lado esquerdo, unha cortina.

RRA/Foto-18//17
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1880 / 1899
2 fotografía(s) carte-de-visite. Positivo en branco e negro 87 x 52 mm. sobre cartón de 101 x 61 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dun neno de pelo moi curto, vestido cun mandilón de cor branca e con botas negras, altas ata a metade da perna. Leva o seu brazo dereito apoiado sobre un velador co pé torneado; a perna dereita vai cruzada por diante da esquerda. No lado esquerdo, unha cortina.

RRA/Foto-18//18
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1880 / 1890
2 fotografía(s) carte-de-visite. Positivo en branco e negro 86 x 53 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dun neno de pelo curto, vestido cun traxe escuro de chaqueta e pantalón curto, calzado con botas altas ata a metade da perna. No seu brazo esquerdo leva un sombreiro e a man dereita vai apoiada no respaldo dunha cadeira Thonet

RRA/Foto-18//19
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.12 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1890, ca
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 135 x 97 mm. sobre cartón 160 x 108 mm.

En: 01.08.12 - Fotografías

En formato vertical retrato masculino, de 3/4, sedente e frontal. O home viste traxe claro e chaleco con reloxo de peto; ten os cabelos engomados e un fino bigote.

FamAC/Foto-22//003
Página: 1/1