O remitente comunica a súa aceptación como corresponsal da Sección de Arqueoloxía para a Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente, sacerdote e cronista ourensán, informa das pezas que xa ten para a Exposición Regional Gallega de 1909 e que está na procura de algunhas máis en varias poboacións de Ourense. An. ms. `Lda 23`
O remitente, sacerdote e cronista ourensán, informa dos obxectos do Mosteiro de Celanova que levará á Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `L. 6`
O remitente, sacerdote e cronista ourensán, informa dos avances na preparación do envío dos obxectos (pedras, cadros, etc.)que se levarán á Exposición Regional Gallega de 1909, así como dos gastos que se están ocasionando.
O remitente, sacerdote e cronista ourensán, informa das xestións co respecto á Cruz de Celanova, que non irá á Exposición Regional Gallega de 1909, fala dos avances no envío do resto de obxectos que si estarán, pide aportacións económicas e conta como unha das pezas sufre desperfectos e sae da lista.
O remitente comunica a devolución dos obxectos cedidos para a Exposición Regional Gallega de 1909 e que probablemente se faga unha pequena exposición no Museo ourensán. Indica que o Bispo conformouse coas explicacións que lle deran sobre a Cruz de Allariz. Avisa que está poñendo diñeiro propio para os envíos.
O remitente, dende a Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, comunícalle a decisión, para que a represente na homenaxe póstuma a Antonio López Ferreiro que se vai celebrar no Ateneo León XIII de Santiago de Compostela. Asinado por Marcelo Macías, Benito F. Alonso e Eugenio Marquina
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón a información remitida por Eugenio Marquina, comisionado en Ourense, das xestións, condicións e peticións dos posibles doantes de obxectos para a Exposición Regional Gallega. Tamén notifica un libramento económico
Nomeamento de Eugenio Marquina Álvarez, como receptor das pezas de culto que a diocese de Ourense e outras entidades e particulares envíen á Exposición Regional Gallega de 1909. Asina `Dios`. Salvador Cabeza de León adoita empregar esa sinatura.
Nomeamento de Marquina coma Delegado Especial da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Nota no pé sobre os similares nomeamentos dos bispos de Tui e Mondoñedo. Inacabado
O remitente pregunta cando poderá recoller os obxectos da Exposición Regional Gallega de 1909 xa rematada, por que moito lle insisten no tema o Deán da Catedral de Ourense e outros expositores que cederon pezas.
Tarxeta coa imaxe da torre monolítica coa espadaña de San Pedro de Rocas