O remitente comenta a Ricardo Blanco-Cicerón a boa impresión que Marcial Álvarez leva da súa estancia en Galicia gracias ás atencións de Ricardo Blanco-Cicerón e familia.
O remitente informa que o Cabido autoriza o préstamo das pezas, sempre que sexa o propio A. Cerviño o encargado de acompañar os obxectos na viaxe a Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `6 junio`
O remitente comunica que sigue traballando na busca de materiais, pero sinala inconvintes por parte dos párrocos a pesares da circular enviada polo Bispo pedindo colaboración coa Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `Lda 14`
O remitente informa da existencia dunha colección diplomática da Catedral de Tui de interese para a Exposición Regional Gallega de 1909, e ofrécese para buscar máis obxectos nas parroquias próximas. An. ms. `Lda 23`
O remitente, irmán da Congregación Piadosa de San Telmo de Tui, agradece a Ricardo as continúas e xenerosas contribucións coa institución, á que tamén pertence el
O remitente, irmán e presidente da Congregación Piadosa de San Telmo de Tui, agradece a Ricardo a realización dun copón para a capela de San Telmo
O remitente, irmán da Congregación Piadosa de San Telmo de Tui, e no nome dela, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o agasallo de 100 números para a rifa dun cadro de San Telmo, sufragado por D. Ricardo, a fin de obter cartos para a institución da que tamén forma parte el
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón da recepción dun xiro de 125 pesetas de inscrición para perpetuar a memoria dun amigo común, o chantre da catedral de Tui
O remitente comunica a súa aceptación como corresponsal da Sección de Arqueoloxía para a Exposición Regional Gallega de 1909.