O remitente precisa de Costanti para que Blanco-Cicerón lle facilite información sobre un bronce de tres caras atopado en Ortigueira
O remitente, vicepresidente da Comisión Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909, solitica ao destinatario colabore co comisionado que visitará Braga e publique no Boletín Oficial a circular da comisión, para que os párrocos do arcebispado faciliten o traballo dos comisionados (Pablo Costanti e José Limia).
O remitente precisa de Costanti o favor de por en contacto a José Fortes con Ricardo Blanco-Cicerón polo interese do arqueólogo portugués en estudar as fíbulas da colección de D. Ricardo
Os remitentes suxiren á Comisión extender a invitación de colaboración para a Exposición Regional Gallega de 1909 ao Bispo de Astorga, apelando á historia e intereses compartidos de Galicia con Asturias e León. Inclúe resposta manuscrita de Pablo Pérez Costanti, en base a unha reunión da Comisión con data 10-11-1908 na que se decidira invitar ao Bispo de Astorga
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón dos seus avances na elaboración das notas dos materiais para a Exposición Regional Gallega de 1909, da zona de Benavente, Villafranca e Ponferrada. Trata tamén de Guimarães e Porto, así como outros comisionados e as súas zonas
O remitente pide permiso a Ricardo Blanco-Cicerón para publicar nunha obra histórica sobre artistas gallegos que está preparando datos sobre a súa colección de obras de arte
O remitente ofrece a Blanco-Cicerón unha talla de madeira de cedro, `Porta da Inquisición`, que ten depositada no Museo da Sociedad Económica. Asina como `Archivero del Ayuntº`
Costanti remite a Blanco-Cicerón unha carta de Martínez Salazar por se poidera axudar no que pide
O remitente transmite a Blanco-Cicerón unha pesquisa de A. Martínez Salazar sobre un bronce, xa que este non o coñece persoalmente
O remitente, vocal da comisión, sinala que sería convinte enviar misivas a diferentes institucións da provincia de León para axilizar o envío dos obxectos solicitados para a Exposición Regional Gallega de 1909, e indica que Astorga mostra reticencias ao envío por que tamén prepara unha exposición.
O remitente ofrece a Blanco-Cicerón varias publicacións manuscritas de interese para a biblioteca de Ricardo.
O remitente, informa da entrega das credenciais aos señores Pérez Costanti e Limia Rodríguez para recorrer a parte norte de Portugal, Zamora e León na procura de pezas para a Exposición Regional Gallega de 1909. E para os comisionados de Lugo, Ángel del Castillo e Betancourt
No anverso, impresos o nome do titular, o cargo, ademais dunha mensaxe que continúa polo reverso, acerca dunha carta adxunta.