O remitente, presidente da Xunta Central de Exposición Regional Gallega de 1909, comunica ao destinatario a formalización en conta dun importe de 3133 pesetas, abonadas polas obras de rehabilitación do edificio San Clemente.
O remitente remite a Ricardo Blanco-Cicerón o presuposto de Gómez Román para as obras do edificio San Clemente, para a Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente, director da Escola de Artes e Industrias de Santiago, comunica acerca das xestións a realizar para rehabilitación e ocupación do edificio San Clemente como sede da Exposición Regional Gallega 1909. Leva o Nº 92.
O remitente, vicepresidente da Sección arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909, comunica ao destinatario, presidente da exposición, a necesidade de sacar a subasta as obras de restauración do edificio San Clemente, sede da futura exposición.
O remitente, vicepresidente da sección arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909, solicita ao director da Escola de Artes e Industrias de Santiago, Ramón Núñez, o traslado das súas dependencias, xa que, a exposición precisa de todo espazo do edificio San Clemente; indica tamén que os gastos derivados corren a cargo da exposición
O remitente, vicepresidente da Sección arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909, solicita a colaboración dos directores de ambas escolas, con sede no edificio San Clemente, para que colaboren activamente na realización das obras para a sede da futura exposición.
Vista xeral dun edificio; fachada principal con dous corpos de ventás, portada con dous corpos con catro columnas sobre pedestal, remate de frontón triangular con bolas e tellado a dúas augas. Á dereita, parte do lateral do edificio, cun porta simple.
Contén as contas de 33 días, desde o 19 de maio ao 21 de xuño, referidas ao transporte e embalaxe de distintos obxectos para Exposición Regional Gallega de 1909 entre Vigo a Santiago.
Contén detallado os importes dos gastos dos meses de xaneiro, febreiro e marzo ocasionados pola Sección Arqueolóxica. de Exposición Regional Gallega de 1909. Asinados por Victoriano Pena. Inclúe borrador.
Contén orzamento detallado para alfombrar con linóleo distintas entancias e corredores do edificio San Clemente, sede da Exposición Regional Gallega de 1909.
Orzamento detallado das obras de rehabilitación que se proxectan no edificio San Clemente para ser a sede da Exposición Regional Gallega de 1909, asinado polo presidente e polo secretario da sección, Pedro Pais Lapido e Máximo de la Riva. Inclúe as condicións de subasta para o posible contratista das obras.
Resumo do importe das obras de reparacións e decorados no edificio San Clemente, asinadas por Ricardo Blanco-Cicerón e Manuel Bouzón. Leva unha tachadura en forma de aspa en lápis azul.