Vista detalle dun libro; inscrito nun rectángulo, figura masculina barbada e con coroa de santidade, vai vestido con toga e descalzo, leva na súa man esquerda un libro e a dereita con dous dedos levantados. A ambos lados da imaxe, o inicio e o fin duns textos en latín
Vista detalle dun libro; no centro da páxina, unha figura masculina con espada, coroa e estandarte con tres cunchas de vieira, a cabalo sobre os inimigos. Á esquerda unha lenda en latín, e á dereita, unha fotaleza con ameas
O remitente comunica a autorización do Mº de Instrucción Pública para que se preparen e exhiban na Exposición Regional Gallega de 1909 unha serie de obras que se reintegrarán á Biblioteca de Valencia cando remate a exposición.
O remitente, da Sección de Archivos, Bibliotecas y Museos, comunica ao Archivo Histórico Nacional a autorización do Mª de Instrucción Pública para que se preparen e exhiban na Exposición Regional Gallega 1909 unha serie de documentos, entre eles, a Crónica Troiana
O remitente, da Sección de Archivos, Bibliotecas y Museos, comunica á Biblioteca Nacional a autorización do Mª de Instrucción Pública para que se preparen e exhiban na Exposición Regional Gallega 1909 unha serie de documentos (Sobrado, Oseira ou Toxoutos)
O remitente, en nome do Ministro de Instución Pública comunica, que visto o expediente para a celebración da Exposición Regional Gallega de 1909, conceden o pertinente permiso para ocupar o edificio San Clemente, dependencias da Escola de Artes e Industrias e de Veterinaria.
Vista detalle dun libro; representación dun altar con cortina inferior, remate triangular e columnas con volutas. No centro, figura sedente de Santiago con caxato, coroa, esclavina con cunchas de vieira e cartela co seu nome S. Iacobus. Á súa esquerda, figura de pé con cartela identificativa Theodorus; á dereita home con libro na man e cartela, Atanasius.