Ver nivel superior
Ante a resposta de Manuel Blanco, Ramón Tojo sinala a Juan Prado (encargado da administración de La Unión) pedíndolle que se extenda a este a compulsa dos libros solicitados sobre as rutas de viaxes.
Ver nivel superior
Ramón Tojo argumenta os motivos polos que non debe procederse a impugnación das súas testemuñas por tachas aducidas polos demandados.
Alegato de Ramón Tojo no nome de Francisco Bentín e Domingo Pintos no caso da denuncia por falsedade dunha acta interposta por Ángel Aldrey e o seu procurador Domingo Sánchez. Fala dunhas denuncias calumniosas e duns delitos `fantásticos` e descalifica ás testemuñas chamándolle a unha, por exemplo `perdido que acabó en trapisondas, (...) almuerza con aguardiente`. Busca amosar que existen incoherencias, olvidos estraños e a existencia dunha trama e confabulación contra os seus defendidos, e pide a instrución dunha causa contra as testemuñas Ozal e Souto. Nomea tachas doutras testemuñas e solicita volver a interrogar por separado a outras, asemade pide se lle mande exhorto ao secretario e ao alcalde para que mostren o patrón vecindario desde 1860 para ver o reparto de contribucións.
Ver nivel superior
Alegato de Ramón Tojo contrarrestando punto por punto todo os feitos aducidos anteriormente e manténdose na postura de inexistencia de contrato.
Ver nivel superior
Apelación de Ramón Tojo á Audiencia da Coruña ante a sentenza dictada solicitando que dictamine un órgano superior.
Ver nivel superior
Diferentes autos dictados no incidente de recusación, en varias datas, por amizade manifesta entre un dos avogados defensores co xuíz, non dictándose nunca a favor da recusación solicitada por Ramón Tojo.
Ver nivel superior
Carta de Ramón Tojo a Calixto Varela contándolle a confianza que tiña na recusación do xuíz de `La Ferrocarrilana` e os problemas que lle trae aceptar casos de mulleres. É un borrador.
Ver nivel superior
Ramón Tojo sostén que a reclamación pendente solicitada polo seu cliente é veraz ante a incerteza das indicacións dos demandados.
Ver nivel superior
Ramón Tojo expón os motivos para por tachas aos irmáns Pombo e a Telmo Pérez para ser testemuñas, para o cal formula un interrogatorio. É borrador.
Nota recordatoria de cousas que ten que facer: Blanco-Cicerón (dicirlle que escriba a Ruperto), Simeón García (preguntar se quere un outorgamento sobre o caso Mera) e Ramón Tojo (pedir un borrador).
Ver nivel superior
Presentación ante o notario Vicente Quiroga do documento datado o 18 de agosto de 1876 en Valladolid polo cal Salvador López outorga total poder a Ramón Tojo para que o represente nas circunstancias xudiciais nas que se ve envolto.
Ramón Tojo Roel, avogado representante de Antonio Rodríguez Santiago e Felipe Bobillo, pide a absolución da demanda interposta por José María Penas, avogado de Pedro Junquera, alegando a liberdade de contrato (13 de xullo de 1893) e a posterior disolución da sociedade en tres partes, sen responsabilidade do sucedido posteriormente.
Ver nivel superior
Petición de Ramón Tojo para que se obligue a declarar ás testemuñas que sinala do caso de `La Ferrocarrilana` coas preguntas que aquí formula, e que se requira dilixencia para a presenza de Juan Prado.
Ver nivel superior
Ramón Tojo, avogado de Salvador López de Heredia, pide o emprazamento dos demandados trala exposición detallada dos feitos pola reclamación do cumplimento do contrato.
Ver nivel superior
Petición de Ramón Tojo da suspensión do recibimento das testemuñas e da expedición dos exhortos pedidos a tal obxecto.
Ver nivel superior
Petición de Ramón Tojo da declaración de novas testemuñas, Fermín Fernández e Francisco Galán, este para a aclaración da vericidade dun billete de `La Ferrocarrilana` e presentación do interrogatorio que se vai facer.
Ver nivel superior
Notas de Ramón Tojo, avogado de Salvador López de Heredia, director da Ferrocarrilana, no preito contra Manuel Blanco, Francisco Cerviño e José Noguerol, sobre os billetes de dilixencia solicitados que se atopan no Ministerio de Marina de Ferrol, que é onde hai que pedilos xudicialmente.
Ver nivel superior
Petición de Ramón Tojo ao xuíz para que este requira as follas da ruta Santiago-Ourense da Unión ou da Ferrocarrilana e petición que exhorte a outros xuíces para outras declaracións.
Ver nivel superior
Petición de Ramón Tojo ao xuíz que as testemuñas sexan examinadas antes de declarar e busca probar contra as tachas presentadas pola outra parte contra as súas testemuñas.
Ver nivel superior
Cinco peticións de actuacións xudiciais de Ramón Tojo en defensa dos intereses do seu cliente contra os demandados.