Acta da 5ª velada literaria celebrada no Casino de Santiago, presidida por unha comisión da que era presidente Julián Obaya, vicepresidente Luis Rodríguez Seoane y secretarios Pedro Pais Lapido, Alfredo Vilas, Cecilio Neira e un máis. Durante a Velada houbo diversas lecturas e actuacións musicais, e tomouse nota de varias iniciativas culturais.
Alegación de Julián Obaya para inscribir unha finca do Convento Dominicas de Belvís a nome do Estado, froito da desamortización. Inclúe a certificación de Carlos Cortés Morales, xefe da Sección de Intervención da Administración, de que a finca está desamortizada en virtude da Lei de 1º de maio de 1855 e 11 de xullo de 1856.
Alegato de Domingo Benito Rivas e Julián Obaya na defensa de Francisco Claro, soldado de infantería, na causa pola morte no cárcere de Manuel Vázquez alegando a loucura de Claro (argumenta que tiña visións, golpes na testa, falaba só, inventaba cousas) e o mal carácter de Vázquez, chamándolle provocador pendencieiro.
Alegato de Joaquín Pensado en defensa dos seus representados, acusados de desacato á autoridade, alegando para eso, ausencia de calumnias, inxurias, insulto nin ameaza e constituíndo só un acto de solidaridade co seu compañeiro o profesor Francisco Giner de los Ríos.
Asinado por Joaquín Pensado Mosquera e Julían Obaya.
Ver nivel superior
Nota que se refire ao feito de que Remigio Ochoa foi acompañado por Manuel Blanco na súa viaxe a Ourense.
Notas sobre tres aspectos xurídicos acerca do morgado e as súas explicacións.
Ver nivel superior
Auto recibindo a proba de tachas polo termo dos quince días que permite a lei para que mentres, se presenten as citacións necesarias referentes a estas.
Carta de Antonio Román López a Julián Obaya informando sobre as xetións con Covián, e sinalando un agravio comparativo sobre as catro fincas deslindadas, considerando un aumento desmesurado no prorrateo.
Carta de Antonio Román López a Julián Obaya devolvéndolle a nota de Caula, satisfeito pola resolución pacífica do asunto e petición da certificación-fe de valores para o pago dos atrasos das costas.
Carta de Antonio Román López ao avogado Julián Obaya informándolle de como se está a realizar o prorrateo do foro do señores de Caula, dicíndolle que se lle remitirá a Remigio Caula.
Ver nivel superior
Carta de Calixto Varela a Julián Obaya informándolle de diferentes consideracións e opinións que ten sobre o caso de `La Ferrocarrilana`: revocacións e recursos.
Ver nivel superior
Carta de Francisco Blázquez a Julián Obaya considerando intolerable a demanda de Pablo Cuesta, sobre a reclamación duns soldos da herdanza do seu tío.
Carta de José María Álvarez a Vicente Fociños informándolle que para que este obteña as matrículas de subsidio terá que desplazarse a Touro, e do non impedimento de viaxar a Santiago do seu irmán e xenro para solucionar o saneamento que tiñan solicitado.
Carta do axente José María Núñez ao avogado Julián Obaya, solicitando acompañe un talón de matrícula e certificado de exercer a avogacia, en relación co caso do Banco de Santiago (Lorenzo López de Rego).
Carta de Juan Devesa a Julián Obaya na que lle informa que os acreedores de Ramón Tato fanlle a este a entrega das reservas querendo que o caso se solucione o antes posible.
Carta de Lorenzo López de Rego, director do Banco de Santiago, ao avogado, Julián Obaya, enviando una serie de documentos (escritura de fianza, de venda) necesarios para defender o caso.
Ver nivel superior
Catorce cartas dirixidas a Julián Obaya tratando, entre outros temas, sobre a relación de testemuñas e a súa decisiva implicación na resolución do caso.
Circular da Junta Directiva do Liceo Artístico y Literario de Santiago coa información sobre unha función musical. Asinado por Julián Obaya y Lloreda.
Consulta de Joaquín Díaz de Rábago sobre si as melloras nun edificio son parte ou non do morgado. Ditame do avogado Julián Obaya, determinando que as melloras realizadas por Andrés Pazos deben considerarse herdanza libre sen facer medrar o morgado.
Documentación relacionada coa familia Obaya, principalmente co avogado Julián Obaya, con quen traballou Ricardo Blanco-Cicerón, na que hai 40 cartas, 3 documentos notariais, 1 xudicial e 1 minuta de honorarios. Moitas das cartas fan referencia aos casos nos que tomou parte Obaya, o cal anota na maioría das cartas as que ten contestadas; proceden de moitas partes de España (desde As Palmas a Lleida) destacando as cartas con Montero Ríos, o cal lle comunica en 1888 o seu traslado á fiscalía de Seo d´Urxel.