Ver nivel superior
Alegato de Domingo Fernández no que afirma a inexistencia do contrato para a formación de `La Ferrocarrilana`, asegura a existencia de negociacións que non chegaron a bo porto e que os contratos non se firmaron, non existindo unha folla de tarifas; así nega a existencia dun contrato polo que esta empresa tería unha vida de catro anos firmados e ve como tenues os testemuños dados en contra, crendo que, por exemplo, só o cambio de letreiros `La Ferrocarrilana` por `La Unión` non demostra nada.
Ver nivel superior
Diferentes autos dictados no incidente de recusación, en varias datas, por amizade manifesta entre un dos avogados defensores co xuíz, non dictándose nunca a favor da recusación solicitada por Ramón Tojo.
Ver nivel superior
Defensa de Domingo Fernández no nome dos tres demandados contestando aos dezaseis feitos de López de Heredia con outros once para contrarrestalo na secuencia do caso, alegando a inexistencia de contrato de compañía entre o demandante e os demandados.
Ver nivel superior
Borrador da notificación dada ao procurador Manuel Fernández citándoo, xa que non poden atopalo para a compulsa dos billetes.
Manuel Domingo Fernández, no nome de Máxima Domínguez, pide que Ramón Pol, o esposo, lle devolva os fillos que ten en Corcubión, aparte dunha pensión para o seu coidado e alimentación.
Ver nivel superior
Presentación de Manuel Fernández do interrogatorio que lles fai ás testemuñas que censura da parte de Salvador López de Heredia para demostrar a invalidez das súas declaracións.
Ver nivel superior
Réplica do avogado Manuel Domingo Fernández na que defende que o único certo do escrito de Ramón Tojo, con sete feitos detalados, é que Remigio Ochoa e Manuel Blanco foron xuntos de viaxe de Santiago a Ourense.
Ver nivel superior
Petición ao xuíz de Domingo Fernández en nome dos seus clientes solicitando a citación de diferentes testamuñas, e que se proceda ao seu interrogatorio.