Enrique Rodríguez y Cia. escribe a Joaquín Soage sobre un negocio que acaban de abrir en A Habana.
José A. Soage escribe ao seu irmán Joaquín Soage sobre a situación política inestable de A Habana, desaconsellando que viaxe a Cuba por este motivo, a pesar dos negocios e as relacións sociais que ten na zona.
Narciso Gelats, presidente de `Nueva Fábrica de Hielo`, á destinataria comunicando o envío dun álbum-recordo como accionista da entidade
Conta de resaca dunha segunda letra de cambio xirada en A Habana polos Sres. Rivero Oryazábal baixo a orde de Joaquín Soage e a cargo de Manuel Piña, de Cádiz. Adxunta as letras de cambio e o documento notarial emitido pola denuncia de Federico Fedriani por falta de pago.
Escritura de poder dada en A Habana a favor de Joaquín Soage Pardavila outorgada por Manuel Valle Fernández, para que traspase a Manuel Saavedra Campo unhas accións do Banco de España e uns cartos.
Vista exterior do Gran Teatro de A Habana, sede do Centro Galego.
Mestre Aulet, Narciso, Fotógrafo . (Habana )
Retrato dunha moza sentada nunha butaca sostendo unha pomba branca nas mans. Leva o pelo con raia lateral e uns rizos sobre a fronte. Cubrindo a cabeza e un ombreiro, leva un velo branco de tule bordado.
N.E. Maceo y Hno., Fotógrafos (Habana) Maceo Chamorro, Néstor E. Maceo Chamorro, Delfin
Retrato de medio corpo dun home maduro, con bigote e pelo moi curto peiteado con raia lateral. Viste traxe de chaqueta escuro con chaleco branco e gravata negra. Leva súa man dereita apoiada nunha barandilla feita de troncos sen traballar.
Sentenza do Tribunal Supremo denegando a solicitude de defensa do pobre por parte de Pedro Rodríguez Llanes por considerar que non cumpre o requisito de pobre.