Alegato do procurador Manuel Giménez, en nome do director do Banco de Santiago, Lorenzo López de Rego, no expediente de execución contra Camilo Bertorini para o pago de 8.476 escudos a favor do primeiro e tamén petición de licenza para iniciar accións por calumnias e inxurias contra o procurador de C. Bertorini.
Carta do axente José María Núñez ao avogado Julián Obaya, solicitando acompañe un talón de matrícula e certificado de exercer a avogacia, en relación co caso do Banco de Santiago (Lorenzo López de Rego).
Carta do avogado José María Núñez a Lorenzo López de Rego no que adxunta escrito coas dúbidas sobre como deben levar o caso do Banco de Santiago.
José María Núñez remítelle por carta a Lorenzo López Rego a copia do contrato outorgado entre Pérez Bobadilla e Camilo Bertorini, en relación co caso do Banco de Santiago.
Carta do avogado José María Núñez a Lorenzo Rego xuntando copia do auto do xulgado de 1ª Instancia de Padrón, no xuizo do Banco de Santiago contra D. Camilo Bertorini.
Carta de Lorenzo López de Rego, director do Banco de Santiago, ao avogado, Julián Obaya, enviando una serie de documentos (escritura de fianza, de venda) necesarios para defender o caso.
Carta de Ramón Solla a Lorenzo López Rego felicitando polo éxito no preito do Banco de Santiago, e xunta a Real Sentenza na que se falla declarando culpable a Camilo Bertorini.
Minuta de honorarios devengados por parte de Lorenzo López Rego polo seu caso do Banco de Santiago contra Camilo Bertorini, ao letrado Julián Obaya.
Auto de Ángel Astray Fernández do xulgado de 1ª Instancia de Padrón declarando a improcedencia da devolución duns documentos propiedade de Camilo Bertorini a petición do seu avogado José Mª Cristobo y Mella, no caso do Banco de Santiago (Lorenzo López de Rego).