Ver nivel superior
Ante a resposta de Manuel Blanco, Ramón Tojo sinala a Juan Prado (encargado da administración de La Unión) pedíndolle que se extenda a este a compulsa dos libros solicitados sobre as rutas de viaxes.
Ver nivel superior
Alegato considerando as manifestacións de Manuel Blanco como unha burla da realidade.
Ver nivel superior
Alegato de Domingo Fernández no que afirma a inexistencia do contrato para a formación de `La Ferrocarrilana`, asegura a existencia de negociacións que non chegaron a bo porto e que os contratos non se firmaron, non existindo unha folla de tarifas; así nega a existencia dun contrato polo que esta empresa tería unha vida de catro anos firmados e ve como tenues os testemuños dados en contra, crendo que, por exemplo, só o cambio de letreiros `La Ferrocarrilana` por `La Unión` non demostra nada.
Ver nivel superior
Alegato de Ramón Tojo contrarrestando punto por punto todo os feitos aducidos anteriormente e manténdose na postura de inexistencia de contrato.
Ver nivel superior
Apelación de Ramón Tojo á Audiencia da Coruña ante a sentenza dictada solicitando que dictamine un órgano superior.
Ver nivel superior
Nota que se refire ao feito de que Remigio Ochoa foi acompañado por Manuel Blanco na súa viaxe a Ourense.
Ver nivel superior
Relación de feitos acaecidos en Ourense o 1 de xullo de 1876 realizada por Remigio Ochoa.
Ver nivel superior
Nota que fai relación das testemuñas, algunhas das súas declaracións e os catro a quen considera hai que poñerlle tachas. Escrito a lápis.
Ver nivel superior
Pequena nota referente á providencia dictada o día 2 de xuño. É borrador.
Ver nivel superior
Apuntamento sobre o que as testemuñas afirman referente a íntima amizade entre Francisco Pombo e Manuel Blanco.
Ver nivel superior
Descrición do encontro entre Manuel Blanco e Antonio Pascual condicionando a este último nas súas declaracións no caso. Incompleto.
Ver nivel superior
Nota incompleta de parte dos feitos sucedidos o 1 de xullo de 1876 en Ourense entre os demandados e testemuñas do caso.
Ver nivel superior
Folla solta pertencente a unha disertación máis longa en referencia ás testificacións no xuízo e que os socios de `La Unión` son Manuel Blanco, José Noguerol e Francisco Cerviño.
Ver nivel superior
Notas recalcando a amizade existente entre diferentes testemuñas con Manuel Blanco pois acuden ao mesmo café, xogan ao dominó, ou fan visitas a casa.
Ver nivel superior
Invitación aos demandados a que admitan os feitos descritos (reunión na casa de Ochoa, cambio de nome dos tiros) e recordatorio a Francisco Cerviño sobre a petición de incluír ao seu irmán na sociedade para que así puidese viaxar gratis. Escrito en sentido contrario en cada lado da folla. É borrador.
Ver nivel superior
Auto recibindo a proba de tachas polo termo dos quince días que permite a lei para que mentres, se presenten as citacións necesarias referentes a estas.
Ver nivel superior
Diferentes autos dictados no incidente de recusación, en varias datas, por amizade manifesta entre un dos avogados defensores co xuíz, non dictándose nunca a favor da recusación solicitada por Ramón Tojo.
Ver nivel superior
Carta de Eulalio Aldoval a Remigio Ochoa informándoo da carruaxe que consta de Manuel Cerviño no concello de Silleda, a data na que se deu de baixa e a falta de datos para saber se foi a Ourense.
Ver nivel superior
Catorce cartas dirixidas a Julián Obaya tratando, entre outros temas, sobre a relación de testemuñas e a súa decisiva implicación na resolución do caso.
Ver nivel superior
Diferentes notas do caso de `La Ferrocarrilana` coas conxeturas de Ramón Tojo sobre as súas testemuñas interrogadas e en contra das outras.