Ver nivel superior
Alegato de Domingo Fernández no que afirma a inexistencia do contrato para a formación de `La Ferrocarrilana`, asegura a existencia de negociacións que non chegaron a bo porto e que os contratos non se firmaron, non existindo unha folla de tarifas; así nega a existencia dun contrato polo que esta empresa tería unha vida de catro anos firmados e ve como tenues os testemuños dados en contra, crendo que, por exemplo, só o cambio de letreiros `La Ferrocarrilana` por `La Unión` non demostra nada.
Ver nivel superior
Marcelino Martínez, interventor da Marina de Ferrol, presenta un certificado-copia dos documentos orixinais relatando as viaxes de Ramón Leis de Santiago-Ourense e viceversa.
Ver nivel superior
Petición de Ramón Tojo da declaración de novas testemuñas, Fermín Fernández e Francisco Galán, este para a aclaración da vericidade dun billete de `La Ferrocarrilana` e presentación do interrogatorio que se vai facer.
Ver nivel superior
Petición de Ramón Tojo ao xuíz para que este requira as follas da ruta Santiago-Ourense da Unión ou da Ferrocarrilana e petición que exhorte a outros xuíces para outras declaracións.
Ver nivel superior
Ramón Tojo presenta como proba unha carta escrita por Francisco Galán, administrador de La Unión, a Remigio Ochoa. Inclúe o interrogatorio que se pretende facer a Manuel Blanco.
Ver nivel superior
Apuntamento cun listado de dezasete testemuñas e número dos folios nos que consta o seu interrogatorio.
Ver nivel superior
Relación dos recibos de dilixencia expedidos a nome de Ramón Leis, e que se atopan nas contas de gastos presentadas na Intervención de Marina de Ferrol.