Bando do Alcalde accidental de Santiago, Víctor García Ferreiro, sobre o abastecemento de augas na cidade, aprobado polo alcalde Máximo de la Riva, falecido uns días antes sen tempo de asinar o documento preciso.
Prorrateo dunha semana de auga da fonte de Castiñeira, coa que se regan os terreos do Igresario de San Martiño de Fruíme, repartíndo entre os tres donos: o cura párroco, Joaquín Salgueiro e Eduardo Herreros.
Veceira de rego de Jacobo Budiño para un terreo en Fonte do Ouro.
Veceira de rego da Fonte do Sordo que lle toca a María Manuela Pardavila Penedo para un terreo en San Pedro. Asinado por Juan Acuña.