Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 26 de marzo de 1883. Durante a Velada houbo diversas lecturas e na segunda parte voltou o debate sobre a muller e a súa figura entre Barcia Caballero, en contra da instrución femenina, e Obaya, a favor da mesma.
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 4 de novembro de 1882, na que tivo lugar a renovación da Mesa. Retómase a actividade tras máis dun ano de interrupción recordando que o fin destes encontros é a popularización dos coñecementos humanos, apelando para iso á participación de mulleres e homes, e recordando as normas e a importancia do decoro. A velada continuou con diversas lecturas e actuacións musicais
Acta de votación para a mesa electoral, coa votación do Presidente e os catro Secretarios escrutadores.
Actas das xuntas de acreedores e convocatorias e incidencias sobre síndicos.
Apuntamentos para unha Acta dunha velada literaria celebrada no Casino de Santiago o 2 de maio de 1881. Durante a velada tratáronse os temas do ensino obrigatorio, a condenación da guerra e a instrución da muller, se ben o terceiro asunto non o recolle a acta definitiva e nestas notas non se profundiza máis que para mencionar a natureza sensible das mulleres. Trátase de respostas e réplicas entre o Sr. Toledo (director do xornal El Porvenir) e o Sr. Obaya sobre os puntos mencionados.
Confraría de Nosa Señora do Rosario (Santiago de Compostela)
Borradores das Actas da Xunta do Cabido da Confraría do Rosario de Santiago. Son catro documentos de dúas sesións do ano 1902.