Ver nivel superior
Proxecto do arquitecto Juan de Ciórraga para a Casa da Senra.
Acordo e condicións engadidas de venda da Casa da Senra a Ricardo Blanco-Cicerón referentes as portas, cocheiras, ventás, luces e laudemio. Documento asinado polo representante e un apoderado dos vendedores e máis polo comprador.
Plano dos alzados de 2 alturas e salas nun edificio para a Exposición Regional Gallega de 1909
Plano dos alzados de 3 alturas e salas de mostras para a Exposición Regional Gallega de 1909
Ver nivel superior
Tres borradores das condicións que establecía Ricardo Blanco-Cicerón para a obra de reedificación da Casa da Senra.
Borradores das contas dos salarios dos traballadores portugueses de José Fernández Moreira na obra da Casa da Senra entre 1895 e 1907.
Ver nivel superior
Borradores dos presupostos das obras de cantería das fachadas e traballos das medianeiras da Casa da Senra. Asinados por Manuel Otero López. Son dous documentos.
Ver nivel superior
Pequenos bosquexos e debuxos de detalles que podería ser da Casa da Senra. Hai debuxos das plantas, da rexería ou da fachada.
Cadernos cos pagos semanais ao persoal que traballou na obra da Casa da Senra.
Ver nivel superior
Resposta de Facenda á petición dunha exención do recibo da contribución da Casa da Senra mentres duren as obras, máis aceptan unha reducción do mesmo.
O remitente recomenda a Ricardo Blanco-Cicerón un carpinteiro sen traballo para que o contrate nas obras da Casa da Senra
O remitente envía a Ricardo Blanco-Cicerón a póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial` para as obras da Casa da Senra. Tamén menciona as condicions dunha póliza para o Manicomio; sen dúbida refírese ao de Conxo que está en obras neses momentos e do que a Sociedade `Viuda de Simeón García e Hijos` é benefactora.
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre as condicións dunha póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial` para as obras da Casa da Senra.
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre unha póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial` para as obras da Casa da Senra.
O remitente informa sobre a busca de nova vivenda para desaloxar a que ocupan na Senra, e así poida Ricardo Blanco-Cicerón comezar o proxecto da súa casa na Senra.
O remitente, saúda e adxunta listado de prezos de estucos para a decoración da casa de Blanco-Cicerón.
O remitente informa sobre o envío de 40 pesetas do alugueiro de agosto do nº 3 da Senra, ocupado polos fillos de Manuel P. Santamarina.
O remitente, arquitecto, a Ricardo Blanco-Cicerón onde agradece o cobro dos honorarios e pide desculpas pola discusión que tiveron e permítelle a Blanco-Cicerón publicar a súa última carta ante o Concello.
O remitente, arquitecto, a Ricardo Blanco-Cicerón comunica o seus honorarios; polo ton da carta semellan existir desacordos entre o arquitecto e Blanco-Cicerón.
O remitente, arquitecto, comenta a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a súa ausencia á casa da Senra por motivos de sáude e agradece a preocupación de Ricardo pola súa saúde.