Fulgencio Laiseca escribe a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a petición de rebaixa dos arrendados do no cobro duns ferrados de millo en Tomiño.
O remitente solicita ao destinatario información sobre a renda de 200 ferrados de millo e trigo, amais do nome do comprador, en caso de que exista.
Carpetiña con tres documentos: documento de compra de Isabel Navarrete a Vicente Bermúdez e a Josefa Cambre, tres casas (1860); tres arrendamentos das fincas anteriores (1858) e documento de redención dunha pensión por ditos bens.
Libreta coas rendas a cobrar no San Martiño de Coruxo. Na segunda folla especifica o viño e ferrados de millo recollidos na Granxa.
Observacións dos pagadores das rendas de Ricardo Blanco-Cicerón sobre os bens que lle mercou a Peregrina Santamarina na provincia de Pontevedra.
Recibo dos pagos de Ignacio García polos foros compartidos cun veciño de dúas casas da Rúa Alfolíes de Tui a Ana Núñez. Paga en setembro de 1869 e engade un pago en 1873.
Caderno de rendas compradas por Ricardo Blanco-Cicerón a Peregrina Santamarina no ano 1891.