Contén tres actas e unha papeleta de convocatoria para o Cabido da Confraría de San Roque de Santiago.
Confraría de Nosa Señora do Rosario (Santiago de Compostela)
Anotacións soltas e variadas sobre diversos asuntos da Confraría do Rosario de Santiago, dende as medidas dunha alfombra para a capela, ata as listas de nomes ou apuntes de contas.
Apeo das herdades pertencentes a Confraría da Vera Cruz e a Confraría de San Martín, de Sorzano. Copias a instancia de Isidro Castroviejo porque afecta ao seu patrimonio.
Estatutos da Confraría de San Roque de Santiago.
Confraría de Nosa Señora do Rosario (Santiago de Compostela)
Borradores das Actas da Xunta do Cabido da Confraría do Rosario de Santiago. Son catro documentos de dúas sesións do ano 1902.
Carta da Confraría de San Roque sen destinatario informando da próxima celebración da novena do santo o oito de agosto
Conxunto de catro escritos nun mesmo documento. A Confraría de San Roque solicita ao arcebispado de Santiago, á parroquia de San Miguel dos Agros e ao Colexio de Misións para Terra Santa celebrar o Viacrucis na capela da confraría.
Solicitude de permiso para sacar ao santo da Confraría de San Roque o día da Asunción da Santísima Virxe ao Arcebispo de Santiago. Inclúe a resposta do Arcebispado.
Carta ao Arcebispo de Santiago da Confraría de San Roque requerindo o permiso para a celebración dos actos en honra a San Roque. O mesmo documento inclúe a resposta.
Petición da Confraría de San Roque de Santiago ao Arcebispo da mesma cidade para poñer o Santo en Novena e se saque en Rogativa para pedir contra a peste. Inclúe a resposta no mesmo documento.
Carta de agradecemento a Ricardo Blanco-Cicerón pola doazón dun estandarte á Confraría de San Roque de Santiago.
Carta de agradecemento de Alfonso Gutierrez de la Peña Carrete ao Presidente da Xunta da Confraría de San Roque de Santiago pola súa admisión como irmán na mesma.
Carta de agradecemento de Jacobo Gil e Santiago Gil Rodríguez ao Presidente da Xunta da Confraría de San Roque de Santiago pola súa admisión e a das respectivas esposas, como irmáns na mesma.
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o acordo recollido na acta do cabido da Confraría para transmitirlle o recoñecemento e a gratitude da Confraría polas súas xenerosas e continuas doazóns en beneficio da mesma
Carta de Francisco del Río, ebanista, a Ricardo Blanco-Cicerón rogándolle o pago do arreglo que fixo no retablo da Capela da Confraría de San Roque de Santiago. Tamén inclúe o sobre.
Carta de Jesús Montero, Secretario do Concello, a Ricardo Blanco-Cicerón para comunicarlle o envío das contas da Confraría do Rosario.
Carta de Jesús Montero, Secretario do Concello, a Ricardo Blanco-Cicerón comunicándolle a elección de dous novos membros para a Confraría do Rosario.
Carta de Jesús Montero, a Ricardo Blanco-Cicerón, disculpándose por non asisitir a unha reunión na casa do destinatario.
Carta de Jesús Montero ao Irmán Maior da Confraría do Rosario, comunicándolle a súa ausencia para o Cabido Xeral e pide que o sustitúa Ricardo Blanco-Cicerón nese acto.
Demisión de José Santos Marquez, como tesoureiro da Confraría de San Roque de Santiago.