O remitente, presidente da Congregación Piadosa, agradece a Blanco-Cicerón a doazón dunha araña de cristal á Catedral
Os remitentes, o Presidente e o Secretario da Congregación, agradecen a doazón de dúas lámpadas e accesorios para o altar maior da Catedral
Os remitentes, o Presidente e o Secretario, agradecen varias doazóns feitas á Catedral
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o acordo recollido na acta do cabido da Confraría para transmitirlle o recoñecemento e a gratitude da Confraría polas súas xenerosas e continuas doazóns en beneficio da mesma
As remitentes, Presidenta e Secretaria da Comisión das Hermanitas dos Pobres, solicitan a Ricardo Blanco-Cicerón a súa colaboración económica para organizar unha festa benéfica
Unha sociedade pide a Ricardo Blanco-Cicerón que faga unha doazón que asegure a continuidade do orfeón da mesma. Asinado por varios responsables, o primeiro ilexible.
Inventario da biblioteca doada por Frei Mauro de Vilarria, xeral da Congregación de San Benito, á casa de San Salvador de Lourenzá.
Relación de xoias e prata que o mosteiro de San Martiño de Santiago ofrece ao Goberno para axudar aos gastos públicos.
A remitente agradece persoalmente e traslada o agradecemento da Xunta, a Blanco-Cicerón, polo regalo de 20 pesetas para San Telmo de Tui