Conxunto de documentos relacionados co Convento de San Martiño de Santiago e a chegada do exército francés á cidade. Hai certificacións, recibos varios do diñeiro e víveres que o Mosteiro tivo que dar para o mantemento das tropas francesas. Tamén inclúe un escrito do abade do Mosteiro ao alcalde de Santiago reclamándolle o pago dos mesmos, e os documentos que lle prosigueron no trámite.
Documentos con apuntes sobre os descendentes dos señores de Lamas gardados no Mosteiro de San Martiño de Santiago e os dereitos de sepultura na capela de San Benito desta igrexa. Entre a documetación hai unha carta de 1811 de Francisco de Lamas Carballido, Conde de Maceda, pedíndolle ao abade do Mosteiro que asistise ao enterro da súa muller, condesa de Fefiñanes. Aportan datos dende o ano 1650.
Varios foros otorgados polos frailes do Mosteiro de San Martño que se dí de fóra da cidade de Santiago. Algúns foros están realizados en Padrón.
Vista áerea do complexo monacal de San Martiño Pinario desde a catedral. Ao fondo a igrexa de San Francisco.
Notas e transcrición de varios documentos do século XVI sobre o Mosteiro de San Martiño Pinario.
Notas e transcrición de varios documentos dos séculos XII e XIV sobre abades e mosteiros de Santiago como San Martín Pinario, San Pedro e San Paio.
Relación de xoias e prata que o mosteiro de San Martiño de Santiago ofrece ao Goberno para axudar aos gastos públicos.
Varela Nogueira, Jesús, 1866-1913, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral do retablo-baldaquino da igrexa de San Martiño Pinario, con dúas ringleiras bancos en primeiro plano.
No anverso, vista xeral da portada do mosteiro de San Martiño Pinario.
Transcrición do documento máis antigo do arquivo do Mosteiro de San Martiño Pinario: Venda que fixo Quiza Gonteríquiz a favor de Cacaril, Gondemaro e Fonsino, do ano 788.